CIG-Ensino adhírese á petición de dedicarlle o Día das Letras Galegas 2017 a Ricardo Carvalho Calero
“Porén,Ricardo Carvalho Calero, o primeiro profesor de galego na Universidade galega, pai lingüístico de varias xeracións, foi vítima dun interesado esquecemento”, denuncian. Neste senso, a CIG-Ensino de Ferrol lembra que a figura de Carvalho Calero foi proposta para ao Día das Letras Galegas dos anos 2008, 2010, 2013, e 2015, sen que a súa candidatura prosperara.
Dende a Federación do Ensino sinalan que, “sen desmerecer a ninguén, é tempo de que os grandes méritos do profesor Carvalho Calero sexan por fin recoñecidos por unha Academia na que ingresara o 17 de maio de 1958”.
Por iso, insisten, “somos teimudos” e unha vez máis, neste 2016, reafirman que 26 anos andados do seu pasamento, non pode continuar unha das ausencias máis clamorosas no eido das conmemoracións e homenaxes ás grandes figuras da cultura do país”.
De aí a firme reivindicación: Letras Galegas 2017 para Carvalho Calero.