CIG-Correos traslada o apoio aos veciños e veciñas afectadas pola redución de horario da Oficina dos Rosais
A CIG-Correos da Coruña traslada o apoio aos colectivos veciñais dos Rosais, Labañou e Visma nas súas demandas para conseguir un horario completo na nova Oficina de Atención ao Público de Correos.
"A CIG sempre defendeu a calidade no servizo de Correos e esta vez non vai a ser menos", subliña Fernando Novás, delegado da central sindical, quen amosa a disposición a colaborar e participar nas diferentes accións que os colectivos veciñais leven adiante para esixir un horario de atención ao público en igualdade de condicións que as de calquera outro barrio da cidade.