O sector de Autonómica da CIG-Administración critica a postura defendida pola conselleiria de Política Social, Fabiola García, ante a proposta do Goberno estatal de aprobar unhas novas ratios para as escolas infantís na etapa 0-3 anos, xa aque antepón os intereses das empresas privadas do sector ás condicións laborais e á calidade na atención ás crianzas.
Lembran que a conselleira manifestou que unha baixada das ratios suporía acabar coa gratuidade que existe en Galiza, que se aplica sen ter en conta ningún tipo de criterio de renda das familias, e a través da que se financia con cartos públicos un servizo prestado por empresas privadas “que teñen as traballadoras cobrando o SMI” .
A CIG-Autonómica subliña que non é certo que a Consellaría se reúna con todo o sector para abordar a cuestión das ratios, xa que a xuntanza foi exclusivamente co sector empresarial. “Nesa reunión non estaban nin os centros públicos, nin as traballadoras dos centros privados, nin tampouco as persoas representantes legais do sector”, inciden.
Cualifican de “ousadía” que a conselleira de Política Social e Igualdade asegure que se van perder moitos salarios de mulleres, cando a educación 0-3 é unha actividade totalmente feminizada cunhas condicións laborais cativas e uns salarios de pobreza, fixados, no caso das escolas privadas, por un convenio estatal que a CIG non asinou por ser totalmente precario.
A Xunta ten competencias plenas en materia educativa
En declaracións recentes, o presidente da Xunta de Galiza, Alfonso Rueda, animaba as traballadoras das escolas infantís a manifestarse en Madrid contra o Goberno estatal. “Está claro que o obxectivo desta ‘solidariedade’ de Rueda non era apoiar as reivindicacións do persoal que traballa no sector”, critican.
Subliñan que a Xunta ten as plenas competencias en materia educativa e podía ter baixado o cociente educadora/ nº de crianzas. Unha mellora que non fixo, que non ten intención de facer e que ademais “non debía ter previsto que se puidera producir ningunha modificación neste sentido”. Denuncian que a Xunta non lle importan as nalas condición de traballo, que pretenden perpetuar, nin como estean atentidas as crianzas coas actuais ratios que impiden una atención educativa de calidade”, e que o único interese é afianzar privatización progresiva da educación infantil.
Maltrátase ao persoal e préstase unha atención deficiente
A CIG-Autonómica rexeita tamén as declaracións do presidente da patronal do sector cando fala de inviabilidade dos centros que representa se se aproba o decreto de redución das ratios. “O que é inviábel, señor presidente de AGADEI, é o estar unha traballadora a cargo de 8 crianzas de menos de un ano, ou ao fronte dunha aula con 13 crianzas de menos de dous anos , ou de 20 menores de até tres anos”.
Para entender o que supoñen estas ratios, basta comparar cos cocientes estabelecidos noutros países da contorna:
|
|
Aula 0-1 anos
|
Aula 1-2 anos
|
Aula 2-3 anos
|
|
Dinamarca
|
1 educadora: 3 crianzas
|
1 educadora: 3 crianzas
|
1 educadora: 6 crianzas
|
|
Reino Unido
|
1:3
|
1:3
|
1:4 / 1:5
|
|
Bélxica
|
1:5
|
1:8
|
1:8
|
|
Alemaña *
|
1:3
|
1:5
|
1:5
|
|
Galiza
|
1:8
|
1:13
|
1:20
|
|
Proposta modificación marco estatal
|
1:4
|
1:6
|
1:8
|
*Variábel segundo o Lander. Media Aprox.
Neste contexto, a CIG reclama máis escolas públicas, menos crianzas por aula, garantía de parella educativa en todos os centros, condicións laborais xustas e instalacións adecuadas para ofrecer a mellor atención ás crianzas.