CIG-Administración convoca concentracións nos edificios administrativos da Xunta en solidariedade con Palestina
A CIG-Administración, co apoio de Mar de Lumes, Galiza por Palestina e da Asociación Galaico Árabe Jenin, anuncia a convocatoria de mobilizacións para o día 7 de maio, ás 11:00 horas, diante dos edificios administrativos da Xunta de Galiza nas 7 cidades baixo o lema “A administración pública galega en apoio ao pobo palestino”.
O conflito en Gaza xunto as duras restricións que o goberno Israelí impuxo en Cisxordania tivo un impacto devastador nas condicións laborais e humanitarias do pobo Palestino. As Administracións Públicas baixo o principio de servizo a cidadanía non deben xestionar decisións políticas que supoñan alimentar o conflito en Gaza e apoiar un xenocidio que debe deterse inmediatamente.
A CIG Administración rexeita a xestión do conflito e dos recursos públicos que se están destinando para alimentar un conflito que deixa mutilacións, asasinatos de decenas de miles de civís, fame na poboación e a destrución de todos os medios de vida.Os acordos bilaterales de comercio entre a UE e Israel deben suspenderse inmediatamente como medida de presión e esixir o cesamento do conflito bélico.
Compre Reorientar a asistencia internacional cara á reconstrución da lexitimidade das institucións palestinas ampliando a súa capacidade para servir e representar aos palestinos en todo o territorio ocupado.É fundamental o apoio as institucións palestinas e suprimir os mecanismos que alimentan o conflito.
Facemos un chamamento para que as administración públicas do resto de Estados da UE se sumen e manifesten publicamente o rexeitamento a xestión política do recursos públicos que se está facendo e a oposición ao conflito de Gaza.
Queremos manifestar:
-A Administración pública Galega en apoio ao pobo Palestino
-O Cesamento do conflito bélico xa!
-Reiterar a chamada urxente á UE para que impoña un embargo militar e suspenda o acordo de asociación con Israel