Autobuses del Triángulo recúa e readmite a traballadora despedida tras reclamar os seus dereitos
O traballo sindical e a disposición amosada polo persoal defender a súa compañeira das agresións patronais, levaron a Autobuses Triángulo a recuar na súa decisión e readmitir a traballadora que fora despedida tras reclamar que se recoñecera a antigüidade real e que se regularizara o seu contrato de traballo.
"A resposta da empresa foi despedila baixo falsos argumentos, pero os motivos reais desta decisión non son outros que o feito de atreverse a reivindicar os seus dereitos", denuncia a FGAMT-CIG de Vigo.
Ante este despedimento inxusto e arbitrario, a CIG tiña convocada unha concentración para este mércores, 28 de xullo, diante da nave da empresa en Salvaterra, que ficou suspendida tras confirmarse a reincorporación da traballadora.
Tras ter coñecemento do despedimento, a central nacionalista púxose en contacto con Autobuses del Triángulo (con sede en Alicante e que forma parte da UTE Lugove) para que reconsiderara a súa decisión. Ante as presións e a disposción amosada polo persoal a responder a este ataque, a empresa finalmente deu marcha atrás e onte asinouse o acordo de reincorporación da traballadora.
Para a FGAMT-CIG este é un exemplo de "como a mobilización, a solidariedade e loita é o único camiño para combater os abusos patronais".