
Atraso no cobro dos salarios en Segur Ibérica

Representantes dos traballadores/as de Segur Ibérica permanecen dende as 12:00 horas nas oficinas da empresa en Oleiros agardando a que dende Madrid aclaren cando se vai proceder a efectivizar o pago do salario de todo o persoal.
CIG, CCOO e USO -coincindo coa convocatoria de concentración- pediran unha reunión co responsábel territorial para esixir o pago inmediato das nóminas e información sobre os plans da empresa. O delegado púxose en contacto coa central da empresa en Madrid, mais dende alí a única índicación que lle deron foi que chamara a guardia civil para que esta botara os/as representantes dos traballadores/as.