As asembleas da CIG de Carballo e de Cee elixen a Martín Caamaño e a Xabier Santos secretarios locais
Dentro do proceso de renovación de órganos, o pasado sábado celebrábanse as VIII asembleas das Unións Locais da CIG de Carballo e da CIG de Cee. Nesta última saíu reelixido Xabier Santos Canosa como secretario local, mentres que Martín Caamaño Santamariña foi elixido secretario da Unión Local de Carballo, en relevo de Indalecio López. As dúas UL forman parte da estrutura territorial da Unión Comarcal da CIG da Coruña.
Nos procesos, aos que se presentaron candidaturas unitarias, tamén se escolleron as persoas que forman as novas Executivas locais e debatéronse e votáronse os respectivos informes de xestión, nos que se fai un repaso da acción sindical realizada nos últimos catro anos e se avanzan as liñas de traballo a desenvolver no vindeiro período.
Composición da nova Executiva da CIG de Carballo
Deste xeito, a nova Executiva da Unión Local da CIG de Carballo queda conformada polas seguintes persoas:
- Martín Caamaño Santamariña
- Eva Rodríguez Portos
- Agustín Méndez Loureiro
- Laura Varela Castro
- Martín Pérez Abelenda
Composición da nova Executiva da CIG de Cee
Pola súa banda, as persoas que integran a nova Executiva da Unión Local da CIG de Cee son:
- Xabier Santos Canosa
- Ana Belén Lestón Gallardo
- Alfonso Mouzo Trillo
- Xosé Lois Lado Martínez
- Paula Caamaño