
As Federacións da CIG renovaron as súas Executivas e elixiron as Secretarías federais

Tras a celebración do VIII Congreso Confederal e das asembleas comarcais, as distintas federacións sectoriais nas que se estrutura a CIG procederon no mes de novembro á renovación dos seus órganos de dirección. Así, as federacións de
Industria, Servizos, Ensino, FGAMT, Administración Pública e Construción escolleron os secretarios e as secretarias federais, as novas executivas e as persoas para o Consello Confederal. As Federacións de Saúde e de Banca celebrarán os respectivos congresos durante 2022.
Xoán Xosé Bouzas Aboi ‘Tupi’ repite á fronte da secretaría da Federación de Industria, cuxa Executiva está conformada ademais de por ‘Tupi’, por Mercedes Domínguez Santomé, Rubén Ramos Gestal, Alberte Amado Tallón, Susana Riveira Fernández, Henrique Fernández Oliveira, Manuel Simón Graña, María Xosé García Gómez, Manuel Domínguez Delgado, Armando Carril Casanova, Raquel Pérez Fernández, Carlos Outeiro Baamonde e Antonio Cebey Giadás. A este III Congreso concorreu unha única listaxe de consenso para os órganos a renovar.
Transi Fernández tamén renovou como secretaria da CIG-Servizos durante o VIII Congreso da Federación. A súa foi a única candidatura presentada para a Secretaría mentres que para a Executiva federal houbo dúas. De modo que a nova Executiva queda formada por María do Tránsito Fernández Fernández, Adolfo Naia Fernández, Diana Rodríguez Regueira, Xorxe Gesto Pan, Cristina Martínez Padín, Martín Caamaño Santamaría, María José Alonso Rodríguez, Xiana Melón Rodríguez e Roberto Alonso Iglesias.
No caso do Ensino, Suso Bermello García saíu reelixido secretario federal. A este VIII Congreso presentouse unha candidatura de consenso para a Secretaría e para a Executiva federal que pasa a estar integrada por: Suso Bermello García, Laura Arrojo Reguera, Xosé Manuel Nogueira Rodríguez, Marta Ferreiro Fernández, Ana Rodiño Domínguez, Diego Boquete Sánchez, Teresa Carballido Salgado, Henrique García Vázquez, Elena Añel Cabanelas, Xosé Anxo Terán Comesaña, Maruxa Martínez Nogueira e Montse Pernas Bellas.
O V Congreso da FGAMT-CIG (Alimentación, Mar, Téxtil, Telecomunicacións e Transportes) reelixiu por unanimidade a Dores Martínez Castelo como secretaria federal. Ao proceso presentouse unha única candidatura de consenso e a nova Executiva está formada por Dores Martínez Castelo, Xesús Mª Pastoriza Santamarina, Mª do Mar Vila López, Inácio Pavón Barbagelata, Lucía Giráldez Pérez, Federico López Castro e Anxo Iglesias Covelo.
Pola súa banda, o VIII Congreso da CIG-Administración Pública escolleu a Luís Carballo Pose como novo secretario federal, nun proceso ao que se presentaron dúas candidaturas para a Secretaría e catro para a Executiva, que queda conformada polas seguintes persoas: Luís Carballo Pose, Ana Santomé Santos, Catia Vázquez Cortiñas, Mª Socorro González Otero, Manuel Gallardo Canitrot, Rosa Mª Fernández Muñoz, Roberto Varela Gestal, Xaime Rey Vázquez e Gerardo Alvaredo Maceda.
Plácido Valencia Rodríguez foi reelixido como secretario federal no VIII Congreso da CIG-Construción. Só se presentou unha candidatura tanto para a Secretaría como para a Executiva, que queda composta por: Plácido Valencia Rodríguez, Mario Maceiras Dosil, Alfonso Losada Rodríguez, Marcos Sánchez Branco. Noelia Meizoso Fojo, Xaquín Agulla Gómez, Xosé Xoán Melón González, Eduardo Sebio Molguero, Maite Barrio Paiomo, Raúl Pazos Arjones e Javier Iglesias Valiñas.
Reforzar a organización
Nos congresos debatéronse a aprobáronse os Informes de Xestión das Executivas saíntes, nos que se analiza a situación socioeconómico e laboral de cada sector e se recolle o traballo sindical desenvolvido nos últimos catro anos. Tamén se debateron e aprobaron os relatorios de Negociación Colectiva e de Acción Sindical que perfilan as principais liñas de actuación para o próximo período.
Todos os documentos coincidiron na necesidade de convencer a máis sectores da clase traballadora da alternativa que representa a CIG; sermos un instrumento útil, de contrapoder real fronte á explotación de clase; e reforzar os nosos piares básicos: o asemblearismo, a combatividade, a solidariedade e a unidade de clase.