![Confederación Intersinidical Galega](/assets/cig/2022/logos/cig.png)
As centrais sindicais despiden o ano cun novo acto en solidariedade con Carlos e Serafín
![](assets/images/1/2016-12-21%20CartazConcentracionIndultoCarlosSerafin-ad011221.jpg)
As centrais CIG, CCOO e UGT rematarán o ano cunha nova mobilización en solidariedade con Carlos Rivas e Serafín Rodríguez, os dous traballadores vigueses condendos a tres anos de prisión por participar na folga provincial do transporte en 2008. Os tres sindicatos desenvolverán unha concentración xunto á farola de Urzaiz este xoves ás 20.00 horas para reclamarlle ao Goberno español que lles conceda o indulto.
A CIG, CCOO e UGT despedirán 2016 cunha nova mostra de solidariedade cos dous traballadores inxustamente condenados e que levan máis de tres anos agardando por un indulto que non dá chegado e que os mantén -tanto a eles como ás súas familias- nunha situación de incerteza. Os tres sindicatos continuarán a reclamar unha medida de graza que evite a entrada en prisión de dúas persoas que o único que fixeron foi defender os seus dereitos e os dos seus compañeiros/as do sector do transporte.
Diante disto, dende as centrais fan un chamamento ao conxunto da veciñanza da bisbarra a participar na concentración de apoio que terá lugar este xoves 22 xunto a farola da rúa Urzaiz, en Vigo, ás 20.00 horas porque “calquera de nós pode atoparse nunha situación similar en calquera momento”.