As asembleas ratifican o preacordo de convenio dos elaborados do mar
As asembleas de traballadoras/es do sector dos produtos elaborados do mar celebradas dende o luns nas distintas empresas aprobaron por aclamación o preacordo de convenio estatal pactado entre as centrais e o empresariado o pasado sábado. Agora está previsto que a comisión negociadora se volva reunir nos vindeiros días para levar a cabo a redacción final do documento e proceder á súa sinatura.
O persoal do sector optou de xeito unánime por darlle luz verde a un preacordo de convenio que permitirá avanzar na dignificación das súas condicións laborais. A última das asembleas, celebrada esta pasada noite na empresa Pereira, ratificou o pactado entre a CIG, CCOO e UGT e a patronal Conxemar, ao igual que anteriormente o fixeran as celebradas dende o luns no resto de compañías.
Segundo explican dende a FGAMT-CIG, a partir de agora está previsto que nos próximos días se celebre unha nova xuntanza da comisión negociadora para proceder á redacción final do documento que regulará as condicións laborais do sector a nivel estatal até 202, tras o que terá lugar tamén á súa sinatura definitiva.