As Asembleas da CIG renovaron as distintas Executivas e elixiron secretarios comarcais

- 05 Nov 2021

Tras o VIII Congreso Confederal da CIG, que tivo lugar o pasado 9 de outubro en Santiago, a central sindical levou a cabo os procesos para renovar a dirección das distintas Unións Comarcais. Vigo, A Coruña, Ourense, Ferrol, Pontevedra, Lugo-A Mariña e Santiago-As Rías celebraron as VIII Asembleas Comarcais, nas que se escolleron os secretarios comarcais e se renovaron as Executivas, ademais de elixírense os representantes no Consello Confederal.

Deste xeito, Alberto Gonçalves, Xabier Filgueira, Anxo Pérez Carballo, Manel Grandal, Marcos Conde, Antonio Niño e Pepe Maio repetirán á fronte das Secretarías Comarcais despois de que as candidaturas de consenso que encabezaban recibisen o apoio maioritario dos delegados/as. 

As candidaturas de consenso que recibiron o apoio maioritario dos delegados/as

No caso de Vigo, a Executiva quedou conformada polas seguintes persoas: Alberto Gonçalves Herrero, Chelo Lago Mariño, Anxo Igrexas Covelo, Marta Gonzalo Correa, Suso Diz Gómez, Beatriz Caamaño Rascado, Carlos Alján Collazo, Raquel Pérez Fernández, Xabier Pérez Igrexas, Ester Mariño Castales, César Rodríguez Martínez e Rafael Agras Suárez.

A da Coruña está formada por Xabier Filgueira Domínguez, Margarida Corral Sánchez, Óscar Calvo Varela, María Xosé Corominas Tenreiro, Ernesto López Rey, Silva Mourelle Rilo e Adolfo Naya Fernández.

A Executiva da CIG-Ourense intégrana Anxo Pérez Carballo, Alfonso Fernández Diéguez, Xulia González Pascual, José Ramón Álvarez Dacoba, Xosé Rodríguez Díaz, Óscar Núñez Álvarez, Rosa María Fernández Muñoz e Beatriz Blanco Rodríguez.

A de Ferrol Manel Grandal Anca, María Teresa Carballido Salgado, Mª Beatriz Fernández González, Xoán Galdo Rigueiro, Marta Cillero Bilbao, Carlos García Seoane e Alberte AmadoTallón.

En Pontevedra, a Executiva inclúe a Marcos Conde Farto, David Couñago Mouriño, Soedade Fernández Silva, Diana Rodríguez Regueira, Javier Dapena Varela, Marta Ferreiro Fernández e Lois Carballo Pose.

A CIG-Lugo escolleu a Antonio Niño Saavedra, Asunción Castiñeira Fernández, Xorxe Caldeiro Díaz, Dulce Neira Fraga, Lois Neto López, Nieves Somoza López, Miguel Ángel Pérez Núñez, Laura Arrojo Reguera e Xosé Paz Fernández.

Finalmente, a Executiva da Santiago está composta por Pepe Maio Abeixón, Renato Núñez da Silva, Lucía Freire Ces, Encarna Brión Tubio, Carminha Bueno Naveiro, Pablo Fragoso Dacosta, Anxela Martínez Parada e Eduardo Sebio Molguero.

Cara a unha folga xeral

Nas Asembleas Comarcais debatéronse a aprobáronse os Informes de Xestión das Executivas saíntes, nos que que se analiza a situación socioeconómico e laboral de cada unha das bisbarras e do conxunto do país e se recolle o traballo sindical desenvolvido nos últimos catro anos, ao tempo que os secretarios comarcais perfilaron nos seus discursos as principais liñas de actuación de cara ao novo período que se abre tras a celebración dos procesos.

Todos coincidiron na necesidade de reforzar o proxecto sindical que representa a CIG e de espallalo entre sectores máis amplos da clase traballadora para consolidalo como unha ferramenta útil e necesaria na defensa dos intereses da maioría social. De igual forma, debullaron os obxectivos fixados polo Congreso Confederal para os vindeiros anos: consolidar o sindicato como primeira forza en representatividade, afiliación e capacidade de mobilización; reforzar a organización; ser referentes do feminismo de clase; e afondar na loita pola soberanía nacional de Galiza.

Por último, tal e como se fixo tamén a nivel confederal coa aprobación dunha resolución especial no VIII Congreso, apostaron pola convocatoria dunha folga xeral no caso de que non se avance en reivindicacións como a dun verdadeiro plan de recuperación económica, industrialización, creación de emprego digno, defensa dos servizos públicos e dos dereitos laborais e sociais e a derrogación das reformas laborais, da negociación colectiva, das pensións e do desemprego.