As asembleas comarcais da CIG renovaron as Executivas e elixiron as persoas á fronte das Secretarías
Tras o IX Congreso Confederal da CIG, que tivo lugar o pasado 24 de maio en Santiago de Compostela, a central sindical levou a cabo os procesos de renovación das distintas Unións Comarcais, nas que se produciu un importante relevo xeracional e remudaron as persoas á fronte das Secretarías en cinco das sete comarcas.
Ademais, por primeira vez, dúas mulleres póñense á fronte dunha Unión Comarcal da CIG: en Pontevedra e en Ourense. Deste xeito, só Alberto Gonçalves e Pepe Maio repiten nas Secretarías Comarcais de Vigo e Santiago, respectivamente; mentres que na Coruña, Pontevedra, Ferrol, Ourense e Lugo-A Mariña foron elixidas para ocupar o cargo as seguintes persoas: Óscar Calvo Varela, Diana Rodríguez Regueira, Xoán Xosé Galdo Regueira, Xulia González Pascual e Lois Neto López.
Durante as asembleas tamén se renovaron as Executivas comarcais e se elixiron as persoas representantes para o Consello Confederal, máximo órgano de dirección do sindicato entre congresos. En todos os procesos presentáronse candidaturas de consenso, tanto para a Secretaría como para a Executiva e o Consello Confederal, que recibiron o apoio maioritario das persoas delegadas.
Remuda nas Executivas
No caso de Vigo, a nova Executiva quedou conformada polas seguintes persoas: Alberto Gonçalves Herrero, Raquel Pérez Fernández, Ester Mariño Costales, Marta Gonzalo Correa, Ana Belén Lorenzo Álvarez, Beatriz Caamaño Rascado, Beatriz Rodríguez Méndez, Jesús Diz Gómez, Rafael Agras Suárez, Cristian Caamaño Fernández, Emilio Pérez Fernández e Xulio Vicente González.
Na Unión Comarcal da Coruña a Executiva ficou composta por Óscar Calvo Varela, María Xosé Corominas Tenreiro, Ernesto López Rei, Silvia Mourelle Rilo, Patricia Cordo Ares, Armando Carril Casanova e Aida Vasques Varela.
A Executiva de Pontevedra está integrada por Diana Rodríguez Regueira, Aitor Maquieira Rodríguez, Francisco J. Dapena Varela, Soedade Fernández Silva, Marta Ferreiro Fernández, Ana Caneda Villanueva e José Blanco Pichel.
En Ferrol resultaron elixidas para a Executiva Xoán Xosé Galdo Regueira, Teresa Carballido Salgado, Beatriz Fernández González, Tatiana Maseda Rodríguez, Francisco Xabier Cartelle Pérez, Carlos García Seoane e Marcos Sánchez Branco.
A de Santiago-As Rías quedou composta por Pepe Maio Abeixón, Renato Núñez Da Silva, Lucía Freire Ces, Carme Romero Rodríguez, Manoel Severiano Pérez García, Eduardo Sebio Molguero, Mónica Rodríguez Fernández e Pablo Fragoso Dacosta.
En Ourense, a Executiva fórmana Xulia González Pascual, Óscar Núñez Álvarez, José Ramón Álvarez Dacoba, Juan Luis Fernández González, Inmaculada López Taboada, Rosa María Fernández Muñoz, Rubén Ramos Gestal e Ramón Porto Rodríguez.
Na UC de Lugo-A Mariña a composición da nova Executiva foi a seguinte: Lois Neto López, Asunción Castiñeira Fernández, Xorxe Caldeiro Díaz, Dulce Neira Fraga, Antonio Niño Saavedra, Luzdivina Rebollal Juanes, Miguel Ángel Pérez Núñez, Beatriz López Valdés e Roberto Carballo López.
Intensificar a loita
No decurso das asembleas comarcais debatéronse a aprobáronse os Informes de Xestión das Executivas saíntes, nos que que se analiza a situación socioeconómica e laboral, se reflicte o traballo sindical realizado nos últimos catro anos e os desafíos particulares que terá que enfrontar a central en cada unha das bisbarras.
Todos os documentos coincidiron en destacar o espectacular medre en representatividade e afiliación rexistrado pola CIG, que hoxe é a primeira forza sindical no conxunto de Galiza por número de persoas delegadas e afiliadas, mais tamén por capacidade mobilizadora. Unha condición resultado do modelo sindical que practica a CIG de confrontación e contrapoder, afastado da concertación e do diálogo social.
Por iso, nas súas intervencións as secretarias e os secretarios comarcais chamaron a reforzar a organización, mellorar a acción sindical e intensificar a loita e a mobilización para conquistar dereitos e conseguir políticas alternativas ante os gobernos e a patronal.