Arturo Domínguez, reelixido secretario local pola IX Asemblea da CIG do Porriño

No proceso celebrado o pasado venres tamén se renovou a Executiva
O Porriño - 21 Out 2025

A IX Asemblea da Unión Local da CIG Porriño que tivo lugar o pasado venres día 17 na Casa da Cultura da localidade e reelixiu a Arturo Domínguez Míguez como secretario e renovou a Executiva que dirixirá o sindicato nos vindeiros catro anos.

A lista de consenso que encabezaba Arturo Domínguez saíu adiante por unanimidade ao recibir o apoio das 32 persoas que participaron no proceso, os mesmos votos que colleitou a súa candidatura á Secretaría Local.

Durante a Asemblea, na que estiveron presentes arredor de 40 persoas, entre elas o secretaria comarcal da CIG de Vigo, Alberto Gonçalves, aprobouse o Relatorio tamén por unanimidade. No documento faise fincapé no feito que nos últimos catro anos a central foi quen de manter o nivel de afiliación e de representación que a volven situar como primeira forza sindical da localidade.

Tamén se puxo en valor as mobilizacións que está a desenvolver o persoal dos Servizos de Axuda no Fogar (SAF) en demanda dunhas condicións de traballo dignas e para reclamar un protocolo con medidas que garantan a protección e a saúde das persoas traballadoras. “Unha loita que se fixo sen cabe aínda máis necesaria tras o asasinato no seu posto de traballo da compañeira Teresa, empregada do SAF do Concello do Porriño”.

Integrantes da Executiva da CIG do Porriño
  1. Arturo Domínguez Míguez.
  2. Mercedes Domínguez Santomé.
  3. Marco Sousa Ramírez.
  4. Verónica Pérez Rodríguez.
  5. Cristian Caamaño Fernández.
  6. Iria Martínez Vila.
  7. Salustiano Guerra García.