Apoio á ANC e Omnium do sindicalismo de clase e combativo
As organizacións sindicais ELA, CIG, LAB, IAC, Intersindical CSC, Intersindical Valenciana, STEI Intersindical, Confederación Intersindical, CUT Galiza, CUT, Intersindical Canaria, Steilas, CSI, ESK e SAT veñen de manifestar o seu apoio á Asemblea Nacional Catalá e Omnium.
O sindicalismo de clase e alternativo expresa o seu apoio á ANC e Omnium, entidades da sociedade civil catalá que se distinguiron pola defensa da máis ampla participación democrática do pobo catalán, desde o pacifismo máis comprometido e solidario, diante do acoso xudicial que están padecendo.
Xunto a isto, queren exixir, unha vez máis, a liberdade dos seus presidentes e do resto dos presos/as políticos/as.