Alberto Cadaveira Mahía, novo responsábel do sector Local da CIG-Administración
A VIII Asemblea Nacional do sector Local da CIG-Administración que tivo lugar este sábado en Santiago elixiu a Alberto Cadaveira Mahía como o seu novo responsábel en substitución de José María Calatayud Sánchez. No proceso tamén se escolleron as persoas que representarán o sector na dirección nacional da federación.
Persoas integrantes da nova dirección nacional do sector de Administración Local, que fai parte da federación de Administración da CIG:
-Ana Filgueiras Espasandín.
-Marcelino Rey Iglesias.
-Berta Parga Ruibal.
-Gerardo Justo Pazos.
-Patricia Vila Curro.
-Xan Carlos Morales Somoza.
-Teodora Vieiro Nogueira.
-Francisco Xavier Alonso Graña.
-Nerea Blanco López.
-Cristina Díaz Mira.
-Mercedes López Pena.
-Ángel Moldes García.
-Carlos Ramón Ouro Núñez.
-José Antonio Corral Vilela.
-Luís Docabo Fernández.
O encontro, no que participaron arredor de 60 persoas, iniciouse coa lectura do Informe de Xestión da dirección nacional saínte por parte de Calatayud, que foi aprobado por unanimidade tras un debate no que se introduciu algunha modificación no documento.
A candidatura de Cadaveira, que saíu adiante por aclamación, foi a única que concorreu ao proceso. Durante a súa intervención, o novo secretario nacional de Administración Local repasou os principais desafíos do sector para os vindeiros anos, entre eles os procesos de estabilización “que haberá nun sector no que non existe unha norma común que os rexa”.
Apostou por que se facilite o acceso do persoal propio de cada administración para evitar, entre outras cousas, “que estes procesos se convertan en concursos de traslados entre distintas administracións con disparidade de igualdade entre as persoas solicitantes”.
A VIII Asemblea elixiu tamén as persoas representantes na dirección nacional da CIG-Administración:
-María Xosé santos Paz.
-Roberto Tizón Míguens.
-Xabier Villar Bello.
-Juan Carlos Rodríguez Lorenzo.