Adiada a manifestación do persoal de limpeza do CHUAC logo do Sergas presentar unha proposta de resolución á traballadora
Porén, a representación social matizou que se volverá convocar a manifestación se a traballadora considera non aceptábel a proposta do Sergas. A afectada leva tres meses e medio sen traballar e sen cobrar ao non poder acceder á prestación por desemprego, pois, a pesar de existir unha resolución da Inspección de Traballo que considera a súa situación como despedimento, o tramitación da resolución do expediente no SEPE vai con lentitude.

Dereito á subrogación
Cómpre lembrar o persoal de limpeza do CHUAC vén realizando concentracións todos os xoves diante da Xerencia para pedir a subrogación desta compañeira, que foi trasladada temporalmente pola empresa Valoriza do Hospital de Oza (no que viña prestando servizos) ao Hospital Abente y Lago (no que tamén tiña adxudicado o servizo).
Porén, nese período, a concesión da limpeza do Abente y Lago foi adxudicada a unha nova empresa, SAMYL, que se negou a subrogar a traballadora (tal e como estabelece o convenio de aplicación), alegando que non levaba o tempo mínimo necesario nese centro de traballo.
Pola súa banda, Valoriza deuna de baixa aducindo que xa non era parte do seu cadro de persoal. Para as centrais sindicais a actuación destas dúas empresas pon en cuestión un dereito fundamental como o da subrogación e supón un atentado ao dereito do persoal da limpeza hospitalaria a manter o propio emprego, con independencia de que empresa teña a concesión do servizo nese momento.
A pesar das diversas xuntanzas que a representación social mantivo coa Xerencia e as empresas, dende o 1 de xullo nin o SERGAS (titular dos contratos) nin Valoriza e SAMYL conseguiran ofrecer unha solución, até a proposta presentada esta mesma mañá pola Dirección Xeral de Recursos Humanos.