Acoso psicolóxico no traballo ou mobbing: Elementos para a súa comprensión e identificación
O Gabinete Técnico de Saúde Laboral vén de publicar o seu Boletín número 26, no que aborda, entre outras cuestións, o acoso psicolóxico ou mobbing e proporciona as ferramentas necesarias para poder determinar se nunha organización ou empresa existe algún caso e como actuar ante isto. Ademais publica unha entrevista a fondo a Fran Cartelle, o novo secretario confederal de Saúde Laboral da CIG e se fai eco do informe sobre “A protección dos/as traballadores/as na economía das plataformas en liña”, realizado polo Observatorio Europeo de Riscos.
O Boletín número 26 informa tamén do novo Proxecto de Real Decreto sobre Control e Recuperación de Fontes Radioactivas orfas e dá conta da actividade do propio gabinete ao longo do ano 2017.
Podes consultar o Boletín completo aquí ou accedendo á web de Saúde Laboral.