Acordados os servizos mínimos no mantemento do HAC logo de empresa e Sergas rebaixar pretensións
O persoal de Veolia, concesionaria do servizo de mantemento do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, pactou esta mañá os servizos mínimos da folga indefinida que comeza este martes 26 unha vez que a empresa e o Sergas rebaixaron as súas pretensións iniciais. Os traballadores/as reclaman un convenio colectivo de centro de traballo que iguale as condicións laborais.
Segundo explican dende o comité de empresa, presidido pola CIG, tanto a Administración como a concesionaria pretendían fixar uns servizo mínimos superiores ao 50% que establece a lei como mínimo nos servizos públicos. Mais a representación do sindical opúxose ao considerar que eran abusivos, polo que finalmente rebaixaron as súas pretensións, marcándose un servizos mínimos do 50%.
Coa folga indefinida que dará comezo ás 00:00 horas deste martes 26 os traballadores/as de Veolia queren reclamar un convenio colectivo de centro de traballo que iguale as condicións de traballo. O paro afectará tanto ao hospital Álvaro Cunqueiro como ao Meixoeiro e ao Nicolás Peña, xa que hai empregados/as de Veolia que tamén se desprazan a estes dous últimos centros a realizar labores de mantemento.