Aberta a preinscrición para o Encontro sandinista de solidariedade con Nicaragua
O grupo promotor do Encontro de solidariedade sandinista con Nicaragua, do que a CIG forma parte, convoca a todas as organizacións e persoas comprometidas coa Revolución Sandinista ao encontro que se celebrará en Madrid os días 21 e 22 de outubro deste ano, no que se recollerán aspectos fundamentais da historia de Nicaragua, a súa realidade actual, os retos aos que se enfronta e os logros acadados na súa loita pola independencia, a soberanía e o benestar da poboación.
A primeira entrega da convocatoria da ESSN xa está en marcha e pódese consultar na seguinte ligazón, na que tamén se pode realizar a preinscripción: https://www.solidaridadsandinista.org