A Xustiza obriga a Noa Madera Creativa a readmitir a un dos delegados da CIG despedidos no ERE
A CIG valora moi positivamente a sentenza emitida polo Xulgado do Social número 1 de Ferrol, pola que se declara nulo o despedimento “por lesión do dereito á liberdade sindical non respectada”, se obriga a pagar os salarios deixados de percibir e á inmediata readmisión dun dos delegados da CIG en Noa Madera Creativa, do grupo Malasa, que foi despedido no ERE que afectou a preto de 70 taballadoras e traballadores.
Marcos Sánchez, da CIG-Construción de Ferrol, considera que a empresa aproveitou o ERE, contra o que sempre estivo a central sindical nacionalista, para despedir aos delegados sindicais como “unha forma de meter medo, de intentar nunha empresa do grupo Malsa na que temos representación coartar a liberdade sindical e amedrentar aos compañeiros e compañeiras para que concluíran que ter delegdos/as non é positivo”.
Por iso a federación valora moi positivamente esta readisión, así como a de outro compañeiro doutro sindicato que tamén foi readmitido e agarda que no xuízo que queda pendente para o mes de novembro, doutro delegado, se obteña o mesmo resultado.