A VII Asemblea da CIG-Construción de Ourense elixe a Melanie Arias nova secretaria comarcal
A VII Asemblea da Federación de Construción e Madeira (FCM) da CIG de Ourense celebrada o pasado luns 27 de marzo elixiu a Melanie Arias nova secretaria comarcal e renovou a Executiva que dirixirá a federación a novel comarcal os vindeiros catro anos.
Ao proceso concorreron finalmente dúas listas, unha encabezada por Melanie Arias Puccio e outra por Pablo Méndez Fernández. Tras as votacións, abertas a toda a afiliación e que tiveron lugar de xeito simultáneo en Ourense, Verín e O Barco, a candidatura de Arias contabilizou un total de 226 apoios, mentres que a de Fernández fíxose con 62.
Deste xeito, Melanie Arias será a secretaria comarcal da FCM-CIG de Ourense durante os vindeiros catro anos en substitución de Manuel Barreiro. Canda ela, integrarán a Executiva encargada de dirixir a federación neste período as seguintes persoas:
Executiva comarcal da FCM-CIG de Ourense
Melanie Arias Puccio
Jorge Quintas Cid
José Manuel Domínguez Gabián
Diego Núñez Álvarez
Daniel Gil Pérez
Pablo Méndez Fernández