A Unión Europea: un proxecto dos Estados Unidos convertido no brazo político da OTAN
A otanización do conxunto de Europa (a do Leste nas súas formas máis agresivas) pasa tamén por “americanizar” a economía e a sociedade europeas, o que é sinónimo de completar a súa conversión ao capitalismo salvaxe. A UE e a súa Constitución e Tratados véñense encargando diso
A primeiros do século XIX o chanceler austríaco von Metternich propuxera a necesidade de instaurar un Concerto Europeo supranacional, por riba dos intereses de cada Estado, como método de defensa común contra as revolucións.
As diferenzas entre a Vella Orde e a Nova que se ía asentando, impediríano na práctica. Fóra diso, a idea dunha Europa Común xa no século XX en realidade non é europea senón estadounidense. A estratexia de Washington tras a Segunda Guerra Mundial para garantir o seu dominio do mundo capitalista estivo baseada na apertura dos mercados de traballo europeos ao seu capital, e dos mercados en xeral aos seus bens industriais.
Algo no que teimou moi especialmente e obtivo da Alemaña vencida, á que impuxo a total apertura da súa economía ás mercadorías norteamericanas e ao seu investimento externo directo. Despois presionou para unha integración da Europa Occidental a través de tratados que garantisen a apertura da economía de cada país ás mercadorías dos demais. Desta forma, desde a súa base alemá, os capitais industriais norteamericanos terían ao seu alcance a totalidade de mercados da Europa Occidental.
Durante preto de 30 anos os Estados Unidos (EUA) lideraron indiscutibelmente o espazo político e económico unificado en que convertera ao até daquela o conxunto disperso de potencias capitalistas. Con todo, a partir dos anos 70 do século XX, os EUA., tras promovoren a segunda “globalización” (a primeira fora emprendida entre o último cuarto do século XIX e o primeiro do XX), inicia a carreira cara ao liderado mundial, rompendo as regras do xogo cos seus antigos “socios” e financeirizando as reviravoltas económicas internacionais.
É por iso polo que Europa se ve forzada a buscar o seu reacomodo ante a falta de regras e o uso da forza militar a conveniencia que presidirán a nova dinámica hexemónica norteamericana tras a caída do Leste.
As clases dominantes europeas foron dando os pasos pertinentes para se aproximaren ao modelo capitalista norteamericano (o máis proclive ao que se coñeceu como “capitalismo salvaxe”).
Desde o Tratado de Maastricht de 1992 á Cimeira de Lisboa de 2001, a restra de acordos ou tratados que inzan eses 10 anos responde a un coidadoso plan de desregulación dos mercados de traballo (o que significa a paulatina destrución dos dereitos e conquistas laborais), de liberalización económica (en detrimento de a intervención de carácter social dos Estados e en beneficio do papel que estes xogan a favor do gran capital), e de ruptura unilateral, en suma, dos “pactos de clase” que mantiveran o equilibrio social na longa posguerra europea, extremando en diante as desigualdades tanto intra como intersocietais entre os países da Unión.
A UE veuse conformando, pois, como a maior expresión do capital oligopólico transnacional “financeiro”, unha vía para eludir os parlamentos e as institucións locais, subtraendo as decisións e intereses do Gran Capital ás loitas de clase a escala estatal que forxaron as distintas expresións nacionais da correlación de forzas entre o Capital e o Traballo.
Trátase dunha construción supraestatal destinada a manter relacións de desequilibrio entre as súas partes, un sistema deficitario-superavitario deseñado para transvasar riqueza colectiva duns Estados (a maioría) a uns poucos (sobre todo Alemaña e o seu “hinterland” centroeuropeo), especialmente mediante o mecanismo da moeda única.
Constitúe o maior exemplo mundial de institucionalización do neoliberalismo a escala dun continente enteiro; o primeiro experimento de enxeñaría social a escala rexional ou supraestatal en favor da institucionalidade das estruturas financeiras de dominación.
Se a “Europa socialdemócrata” foi a maior manifestación do reformismo capitalista cando este aínda impulsaba con vigor o desenvolvemento das forzas produtivas, hoxe a Unión Europea é o primeiro experimento de enxeñaría social a escala rexional ou supraestatal en favor da institucionalidade das estruturas financeiras de dominación.
Supón en si un coidadoso plan de desregulación social dos mercados de traballo e das condicións de cidadanía, que se dota de todo un conxunto de disposicións e requisitos, de toda unha institucionalidade concibida e conformada para ser irreformábel (pois require de unanimidades case imposíbeis para que non sexa así).
Inspirábase a UE na idea do “constitucionalismo económico” de finais dos pasados anos 70, e desenvolvida nos anos 80 polo mellorciño do neoliberalismo (Buchanan, Milton Friedman, Hayek…) para restrinxir os poderes económicos, monetarios e fiscais dos gobernos, “evitando que os gobernantes do momento puidesen tomar decisións circunstanciais”, segundo a súa xerga, e que non quere dicir senón que tales decisións puidesen estar influídas polas loitas populares. Tratábase, por tanto, de estabelecer determinados principios obrigatorios, inamovíbeis, fose quen fose que chegase ao goberno en cada país.
Pero un dereito petrificado deixa ser útil non só para as clases populares, senón chegado un punto tamén para a propia clase capitalista. Así cando esta quixo aumentar aínda máis o grao de explotación social e ambiental ou a “financeirización” das economías, tivo que recorrer a ‘sortear’ a propia UE, creando novas instancias diso que eles chaman “gobernanza”, en definitiva, estruturas de poder dual respecto da Unión.
Así, por exemplo, o Tratado de Estabilidade, Coordinación e Gobernanza da Unión Económica e Monetaria, para consolidar a penetración financeira dos Estados, e o Mecanismo Europeo de Estabilidade, para asegurar os Programas de Axuste Estrutural que garantan o pagamento das débedas en favor do gran capital a xuro global acredor e en detrimento de as condicións sociais, laborais e, en conxunto, de “seguridade social”, das poboacións dos respectivos Estados (ver sobre estas cuestións, Albert Noguera, El sujeto constituyente. Entre lo viejo y lo nuevo. Trotta. Madrid).
De feito, se fai falta, modifícanse as propias constitucións, de maneira que sexa “anticonstitucional” tentar cambiar a falta de soberanía nacional, como o tándem PP-PSOE demostrou ao meter man ao artigo 135, subordinando os dereitos sociais recoñecidos na Constitución española ao pagamento da débeda externa.
Ese complicado armazón de blindaxe vai, polo tanto, da man dun sistemático enfraquecemento das capacidades de regulación social expresadas a través do Estado, para debilitar todas as opcións democráticas que as poboacións puidesen conseguir para se defenderen.
A des-substanciación das institucións de representación popular está garantida desde o momento en que as decisións parlamentarias estatais quedan subordinadas aos marcos ditatoriais dados pola UE sobre inflación, déficit orzamentario, débeda pública ou tipos de xuros, por exemplo.
Pero o Eixo Anglosaxón (Estados Unidos + Inglaterra) máis a Rede Sionista Mundial obrigan a Europa a ir máis aló na súa (auto)destrución.
Autodestrución forzada de Europa
“Desde o final da Segunda Guerra Mundial, Estados Unidos apostou pola integración militar, política e económica dos países de Europa e Xapón nun bloque que controla. A través da estrutura OTAN+, Estados Unidos asegurou para si un dominio militar completo dentro do grupo imperialista, despregando moitas bases militares en países derrotados na Segunda Guerra Mundial, como en Xapón (120), Alemaña (119) e Italia (45). Esta última alberga a máis de 12.000 militares estadounidenses.
Tras a caída da Unión Soviética e a posterior reunificación de Alemaña, a burguesía alemá cobizaba os mercados e a enerxía de baixo custo de Rusia. Desexaba estabelecer lazos económicos con Rusia, pero só mentres eles e os seus compatriotas franceses puidesen manter o seu dominio sen atrancos do proxecto europeo, que mantiveran desde a Segunda Guerra Mundial. Isto significaba estabelecer os devanditos lazos, pero excluíndo os dirixentes políticos rusos de calquera participación en pé de igualdade nos asuntos, decisións ou estruturas políticas de Europa.
Á súa vez, a estratexia estadounidense consistira en evitar calquera relación estratéxica entre Rusia e Alemaña, xa que a súa forza combinada crearía un formidábel competidor económico en Europa. «Hiperimperialismo: Unha nova etapa decadente e perigosa» (thetricontinental.org).
En realidade, este obxectivo forma parte do Eixo Anglosaxón desde o século XIX: impedir custar o que custar, e digo a “custar o que custar” co que iso significa (asedio, ofensivas económicas e diplomáticas, guerras mundiais, guerra hoxe en Ucraína, voadura dos condutos gasíferos, sancións, golpes de estado…), que Eurasia se poida constituír nunha entidade política, xeoestratexicamente entrelazada. Iso sería o fin da dominación anglosaxoa do mundo.
Agora ben, por que a clase capitalista industrial alemá acepta hoxe que lle corten o pescozo? Para comezar, hai que insistir en que Alemaña é un país ocupado militarmente por Estados Unidos, con miles de tropas e armamento nuclear.
En segundo lugar, hai que ter en conta iso que se chamou “financeirización da economía” dentro do capitalismo actual, e que non é senón unha alusión á importancia que cobra a forma autonomizada do capital diñeiro como capital a xuro ficticio na dinámica de acumulación do capital, o que supón que as finanzas pasen de xogar un papel importante pero intermediario para a produción, a asumir a responsabilidade do crecemento mediante unha función parasitaria, focalizada principalmente na extracción rentista.
Trátase dun diñeiro que busca reproducirse a si mesmo por fóra do capital produtivo como capital industrial (é dicir, máis aló da xeración de novo valor como plusvalor), pero que tamén, e este é o gran xogo da economía capitalista cando as cousas van mal, pode facer as veces de diñeiro-capital, listo para engraxar de novo os eixos daquela, como se procedese da valorización do traballo humano (de aí a súa crecente “ficción”) e a da economía que sustenta, aínda que poida facela seguir funcionando, a pesar de todo e dos problemas que vai acumulando.
É algo substancialmente diferente dunha fase financeira do capital e ten consecuencias moito máis profundas. Perfilouse como un colosal mecanismo de disciplinamento social, de expropiación universal e de gobernamentalización das exixencias cada vez máis parasitarias do capital.
Así, polo menos nas catro últimas décadas a capacidade do capital para se desmaterializar e mover en tempo instantáneo a escala planetaria nun número crecente de formas, como accións, obrigas de pagamento, bonos, bens inmobles, bens raíces e unha gran variedade de derivados, especulación sobre alimentos, moedas, enerxía, mesmo a auga, etc., permite á clase capitalista realizar todo tipo de ganancias usureiras e especulativas a curto, medio e longo prazo.
Moito de todo ese complexo financeiro vaise centralizando nos grandes fondos de investimento ou “fondos voitre” (Vanguard, State Street, Blackrock, entre os máis destacados), que á súa vez están participados por miríades de capitais privados de moi distinta procedencia (aínda que dominados por personaxes e corporacións privadas sobre todo sionistas). Desta forma temos que unha empresa alemá que sae a bolsa pode facelo tanto na bolsa estadounidense como na alemá. Co tempo, os accionistas orixinais desta empresa poden vender as súas accións, que agora cotizan en bolsa. Xa non dependen da xestión do seu patrimonio a través do seu investimento nunha empresa.
En lugar diso, contratan a xestores de patrimonio, xa sexa a través de empresas como Goldman Sachs ou dos seus propios asesores, que á súa vez invisten os ingresos en efectivo da venda de accións. A moitos capitalistas, os seus asesores faranlles investir bastante máis do 50% da súa carteira na bolsa estadounidense, que se erixiu tras os anos 80 do século pasado na “atractora” mundial do capital a interese especulativo parasitario.
As consecuencias económicas, políticas e sociais deste cambio nos mercados de capitais e na propiedade son enormes. Este novo capitalista global —antes «alemán»— compórtase de forma moi parecida aos seus homólogos franceses, ingleses, suecos ou estadounidenses. Polo que este nivel de integración do capital leva a súa desnacionalización, o que reforza finalmente a preponderancia diso que chaman “capital financeiro” estadounidense, e por conseguinte, o poder político de Estados Unidos.
“A situación actual de Alemaña ilustra claramente a eficacia deste proceso de integración e consolidación económica por parte de Estados Unidos. Segundo datos de IHS Markit de 2020, só o 13,3% do valor do mercado bolsista alemán pertence a alemáns, mentres que os investidores de Norteamérica e o Reino Unido posúen o 58,3% (…) As principais empresas da economía alemá non son primordialmente propiedade de alemáns. O valor agregado industrial de Alemaña descendeu do 9% mundial a pouco máis do 6% nos últimos 18 anos. (…).
A perda da enerxía barata rusa e a súa adaptación ao desacoplamento con xestión de riscos serán probabelmente desastrosas para a súa competitividade internacional. En 2022, o investimento estranxeiro directa (IED) en Alemaña diminuíu un 50,4% interanual. (…) No transcurso de 15 trimestres, a partir do terceiro trimestre de 2019, o PIB de Alemaña aumentou un mísero 0,6% en total, a prezos constantes… «Hiperimperialismo: Unha nova etapa decadente e perigosa» (thetricontinental.org).
Isto tradúcese para Alemaña nunha falta de vontade política soberana e na aceptación de que a súa clase capitalista industrial corte as veas.
“O colapso da «vontade nacional», a vontade de seguir un camiño que corresponda aos seus intereses capitalistas nacionais, demostrada por Alemaña no contexto da guerra en Ucraína, mostra que Alemaña foi derrotada por terceira vez desde primeiros do século XX (…) Estados Unidos seguirá privando á burguesía alemá de todas as opcións importantes para afirmar posicións políticas independentes.
Coa axuda dos vínculos de propiedade do capital que describimos, a burguesía alemá enfrontarase á subsunción absoluta das opcións de acción do capital alemán baixo a éxida estadounidense. A hostilidade cara a Rusia actúa como motor da subordinación de Europa a Estados Unidos e como perda de calquera posibilidade de desenvolvemento independente.” «Hiperimperialismo: Unha nova etapa decadente e perigosa» (thetricontinental.org).
A desindustrialización dos centros do Sistema Mundial capitalista e especialmente do Eixo Anglosaxón veu cobrando existencia desde hai décadas, en favor do Mundo Emerxente.
Faltaba, con todo, Alemaña e o seu hinterland máis próximo. O Eixo Anglosaxón busca eliminar esa competencia, e a do conxunto da UE, á vez que abortaba a posibilidade da vinculación infraestrutural, económica e política de Eurasia. As sancións a Rusia convertéronse nun elemento estelar para ese obxectivo.
Todo o cal para Europa no seu conxunto ten uns custos enerxéticos e económicos de enorme gravidade, que está a reportar cuantiosas perdas nos seus sectores primario e industrial e, en xeral, a desarticulación das súas economías, co conseguinte desmonte do seu “capitalismo social” (iso que noutros tempos chamaron “Estado do Benestar”). Circunstancia que ademais de causar o paulatino arruinamento das súas poboacións, está tensionando a propia UE, por exemplo, até o punto de que axiña se podería fragmentar.
Todos sabemos que Alemaña non só foi e é “a locomotora” de Europa, como nos insisten sen parar nos grandes medios de comunicación, senón que tamén leva a dirección vicaria da mesma (vicaria dos Estados Unidos). Iso quere dicir que se Alemaña se entrega con todo ao EUA todos os demais países europeos subalternos, sen soberanía ningunha, tamén. Francia foi a única excepción europea, co seu orgulloso “gaullismo”, pero desde a chegada de Sarkozy, cando De Villepin e os gaullistas foron derrotados, entrega tamén a súa política exterior.
Hoxe Macron é un dos principais belicistas contra Rusia e acaba de propor -ante a evidente e por outra banda irremediábel derrota de Ucraína- na moi recente reunión de París (de 26 de febreiro de 2024), con máis de 20 dirixentes da OTAN e o seu brazo político, a UE, a posibilidade do envío de tropas da OTAN ao campo de batalla ucraíno.
É dicir, parece que os subalternos líderes europeos contemplan dar un paso máis na escalada bélica, convertendo de novo Europa nun terrorífico campo de guerra en favor do sostemento do liderado mundial dos Estados Unidos.
En xeral, como veño dicindo, a otanización do conxunto de Europa (a do Leste nas súas formas máis agresivas) pasa tamén por “americanizar” a economía e a sociedade europeas, o que é sinónimo de completar a súa conversión ao capitalismo salvaxe. A UE e a súa Constitución e Tratados véñense encargando diso.
A submisión europea está claramente completada e exhibida coa guerra proxy en Ucraína do Eixo Anglosaxón e a Rede Sionista Mundial contra Rusia, onde unha nova inmolación europea semellar ser cada vez máis probábel.
Ante todo iso, a pregunta que queda por facer é si están dispostos a chegar ao enfrontamento nuclear.
As declaracións, ameazas e avisos ás súas propias poboacións dos distintos ministros da guerra europeos, parecen ominosamente mostrar que é así.
Sexa como for, e ante estas dramáticas circunstancias, calquera esquerda xa non só minimamente alternativa, senón cunha décima de honradez coherente, debería ter moi claro que romper coa UE devén vital para poder salvar algunhas das bases sociais das nosas sociedades e que romper coa OTAN é básico para a propia supervivencia.
Calquera visión ou esperanza de mellora social e de “benestar económico” dentro da férula desas institucións constitúe un tremendo autoengano, cando non deliberado colaboracionismo para a destrución das sociedades.
[Artigo tirado do sitio web Observatorio de la Crisis, 27 de febreiro de 2024]