A temporalidade atinxe xa o 84,3% das novas afiliacións á Seguridade Social rexistradas en xuño en Galiza

O número de persoas paradas descendeu lixeiramente polo tirón do sector servizos de cara ao período estival
Nacional - 04 Xul 2023

A temporalidade na nova contratación é xa a principal característica do mercado de traballo galego, até o punto de que o 84,3% das novas afiliacións á Seguridade Social rexistradas durante o pasado mes de xuño foron de duración determinada. Nese período, como vén sendo habitual, rexistrouse un lixeiro descenso do paro polo tirón do sector servizos de cara ao inicio do período estival.

Os datos feitos públicos hoxe polo SEPE amosan que unha ampla maioría das 7668 novas persoas afiliadas ao réxime xeral da Seguridade Social en xuño fixérono a través dun contrato temporal, producíndose un descenso dos fixos descontinuos con respecto ao mes anterior.

Como vén sendo habitual co comezo do verán produciuse un descenso das persoas en situación de desemprego, e este ano tampouco foi unha excepción: o mes de xuño con 5410 persoas menos anotadas como desempregadas no SEPE en Galiza, o que significa unha redución do 4%.

Paro rexistrado por sectores.

 

2023

 

Variación

Sectores

Maio

Xuño

Absoluta

%

 

 

 

 

 

Sector primario

4.447

4.271

- 176

- 4,0

Industria

13.727

13.298

- 429

- 3,1

Construción

9.309

9.005

- 304

- 3,3

Servizos

95.086

90.883

- 4.203

- 4,4

Sen emprego anterior

11.865

11.567

- 298

- 2,5

 

134.434

129.024

- 5.410

- 4,0

Fonte: SEPE.

Esta baixada do desemprego concentrouse maioritariamente no sector servizos, en concordancia co período analizado e tendo en conta o cada vez maior peso do turismo na nosa economía.

Aínda que en termos relativos as caídas son semellantes, en termos absolutos o 78% do descenso de persoas desempregadas rexistrouse no sector servizos.

Trátase tradicionalmente de empregos de carácter temporal, e este ano non foi unha excepción, xa que nin a irrupción dos contratos fixos descontinuos foi quen de frear a alta temporalidade do noso mercado de traballo.

Afiliación ao réxime xeral da Seguridade Social por modalidades de contratación.

 

12. Galiza

 

 

Maio

Xuño

Variación

 

 

 

 

Absoluta

%

TODAS AS MODALIDADES DE CONTRATOS

803.274,23

810.943,14

7.668,9

1,0

INDEFINIDO-T. Completo

458.931,27

461.280,50

2.349,2

0,5

INDEFINIDO-T. Parcial

113.548,00

113.335,55

-212,4

-0,2

INDEFINIDO-Fixos Descontinuos

38.246,45

37.388,32

-858,1

-2,2

TEMPORAL-T. Completo

86.987,73

91.494,14

4.506,4

5,2

TEMPORAL-T. Parcial

27.906,14

29.870,27

1.964,1

7,0

APRENDIZAXE, FORMACIÓN E PRÁCTICAS

6.404,77

6.322,32

-82,5

-1,3

OUTROS

71.249,86

71.252,05

2,2

0,0

Fonte: Seguridade Social.

Para o secretario confederal de Secretaría Confederal de Negociación Colectiva, Emprego e Industria, estes datos veñen a confirmar o que a central sindical leva sinalando dende a aprobación da última reforma laboral: mentres o modelo económico non mude non rematará a precarización do emprego e os baixos salarios.

“O acontecido o mes pasado demostra que o peso do sector servizos é cada vez maior, o que está a provocar un aumento da estacionalidade e do precariedade no emprego; a cota de contratos indefinidos chegou ao seu tope, pasando a dispararse a contratación temporal, sexa a tempo completo ou indefinida, xa que as dúas modalidades rexistraron un aumento”, detalla.

Sío considera que máis alá do cambio estatístico que supón mudar os contratos por obra e servizo polos fixos descontinuos “a febleza do mercado laboral non varía, xa que está baseado na precariedade e nos baixos salarios porque son os sectores con peores condicións os que máis peso teñen”.

Por iso a CIG segue a demandar un cambio no modelo económico e produtivo para basealo en actividades con maior estabilidade e mellores condicións e que requiren unha maior formación da clase traballadora.