A secretaría das mulleres da CIG chama a mobilizarse en repulsa do triple feminicidio de Valga
A secretaría da Mulleres da CIG e o conxunto da central sindical únense ao rexeitamento da violencia machista e chaman á mobilización de toda a sociedade galega contra os feminicidios de Sandra, de 38 anos; Alba, de 27 anos e María Elena, de 59 anos, asasinadas este luns, día 17 de setembro, en Valga por José Luís Abet Lafuente, de 45 anos. As mobilizacións están convocadas polo feminismo galego en cidades e vilas de toda Galiza e terán lugar este mércores, día 18 de setembro.
A secretaría das Mulleres da CIG clama porque ningunha agresión quede sen resposta porque “non podemos asumir que os feminicidios son inevitábeis. Debemos exixir todos os medios precisos para garantir unha vida sen violencia para todas as mulleres, alertar de que o machismo mata e erguer as nosas voces para que o silencio non nos faga cómplices”.
#NinUnhaMenos #NinUnhaMáis #MachismoMata #GalizaEnPéContraOMachismo
Concentracións:
Valga, 20:00 h na Plazuela de Valga
Allariz, 20.00 h. na Praza do concello
A Coruña, 20:00 h. Obelisco
A Estrada, 20:30 h diante do concello
A Guarda, 20:30 h Praza do “Reló”
Ames, Bertamiráns, 20:00 h, Praza da Maía
Ames, Milladoiro, 20:00 h, Paseo da Igualdade
As Pontes, 20:00 h, Praza do Hospital
A Rúa (Valdeorras), 20:00 h, diante do concello
Betanzos, 20:00 h a carón do Palco da Música
Brión, 20:00 h diante do concello
Bueu, 20:00 h, diante do concello
Burela, 20:30 h, Praza da Mariña
Cabanas, 20:00 h, diante da Casa do concello
Cambados, 20:30 h, Praza “A naiciña”
Cangas, 20:00 h, Praza María soliña
Carballo, 20:00 h, na Praza do concello
Carnota, 20:00 h na Praza de Abaixo
Cee, 20:30, Praza 8 de Marzo
Celanova, 20:00 h Praza de Celanova
Chantada, 20:30 h, Rúa Leonardo Rodríguez
Compostela, 20:00 h na Praza 8 de Marzo
Cuntis, 21:00 h, Praza das Árbores
Ferrol, 20:00 h diante da Xunta
Lalín, 20:30 h, na Praza da Igrexa
Lugo, 20:00 h diante do concello
Melide, 20:00 h na Praza do Convento
Moaña, 20:00 h na Praza do concello
Mondoñedo, 20:30 h, na Praza do concello
Monforte, 20:15 h, no Campo Santo Antonio
Porriño, 20.30 h na Praza do concello
O Barco, 20:00 h diante do concello
Ourense, 20:00 h na castiñeira (Parque de San Lázaro)
Pontevedra, 20:00 h diante da Audiencia
Redondela, 20:00 h, Praza do Concello (Paxaretas)
Rianxo, 20:00 h na Praza de Castelao
Ribadavia, 20:00 h, Praza maior
Ribeira, 20:00 h na Praza do concello
Sada, 20:00 h Praza de San Roque
Tordoia, 20:30 h, diante do concello
Val Miñor, 20:00 h Cruce da Ramallosa
Vigo, 20:00 h, no Marco
Vilaboa, 20 horas, Casa do concello
Vila de Cruces, 20:00 h, diante do concello
Vilagarcía, 20:30 h na Praza de Galiza
Vilalba, 20:30 h, Casa da Cultura
Viveiro, 20:00 h na Praza da Fontenova