A sección sindical da CIG cualifica de "burla" ao persoal e á comarca o acto polos 120 anos da fábrica de Cee

Cee - 04 Out 2024

A sección sindical da CIG en XEAL cualifica de "impresentábel" e de "burla" a toda as traballadoras e traballadores o acto propagandístico realizado pola empresa con motivo da conmemoración dos 120 anos da fábrica de Cee. Denuncian o respaldo político dado a este evento publicitario, cando a empresa (grupo Energo-Pro) está incumprindo as cláusulas das concesións e levando a ambas factorías a súa ruína total.