A pediatría do Hospital de Monforte atópase nunha situación insostíbel pola falta de profesionais

Monforte - 14 Out 2025

A CIG-Saúde advirte da situación insostíbel da pediatría no Hospital Provincial de Monforte con tres das cinco prazas sen cubrir, cunha profesional que a punto de xubilarse e con outra en situación de Baixa médica. A representación da CIG leva tempo denuncia a incapacidade da dirección para xestionar o centro hospitalario e garantir unha atención sanitaria de calidade á poboación.

A falta de “man esquerda” da dirección para negociar con dúas pediatras que collían praza no hospital levou a que finalmente “preferiran quenda sen praza antes que vir traballar a Monforte”. A istó súmase que neste momento o hospital conta con dúas pediatras, unha das cales se xubila o 28 de outubro e que acode ao centro dous días a semana.

A outra profesional, que se atopa atópase de baixa, asume practicamente todo o traballo deste servizo, “vén facendo entre 9 e 12 gardas ao mes, sen librar ao día seguinte e tendo ademais que atender a planta de paritorio, as urxencias e a consulta”. É dicir, atende “unha carga de traballo inasumíbel”.

Neste contexto, a CIG-Saúde pídelle ao SERGAS que aclare que ten previsto facer coa pedriatría do Hopistal de Monforte, e exíxelle que adopte as medidas necesarias para garantir a continuidade da atención sanitaria na comarca, coa calidade requirida e nunhas condicións laborais dignas para as profesionais.