A patronal da conserva convoca xuntanza da mesa de negociación este xoves
A patronal da conserva contactou este martes, día 15 de febreiro, coas organizacións sindicais para celebrar, mañá xoves, entre as 10:00 e as 18:00 horas, unha xuntanza da mesa de negociación.
A reunión terá lugar a dous días da manifestación convocada en Boiro para o vindeiro sábado, día 19, con saída, ás 12:00 horas da casa do concello e que será a antesala das xornadas de folga previstas para os días 14, 16 e 18 de marzo.
Segundo explican Mar Vila e Rosa Abuín, con esta convocatoria da mesa de negociación do convenio a patronal atende á demanda dos sindicatos que, fronte o anuncio de peche patronal “contestamos que iso era ilegal e que en lugar de andar mandando eses comunicados o que tiña que facer era convocarnos”.
Entre outras cuestións, a parte social reclama un incremento salarial digno que permita, ademais, rematar coa fenda salarial existente entre homes e mulleres.