A FGAMT-CIG vén de revalidar a maioría absoluta en Feiraco Lácteos, empresa pertencente ao grupo CLUN con sede en Pontemaceira (Ames) que envasa o leite das marcas Feiraco e Unicla ao obter 4 dos 5 representantes do comité. No recente proceso de eleccións sindicais a central foi quen de incrementar tanto o número de votos como de delegados/as.
Dende a representación da CIG na empresa agradecen ao conxunto do cadro de persoal ter amosado unha vez máis a súa confianza con este respaldo maioritario, reforzando o traballo realizado ao longo dos anos na empresa. “En especial a sinatura dos convenios de Feiraco, desvinculándonos dos convenios estatais, garantindo o mantemento do poder adquisitivo ao conservar a cláusula de revisión salarial, subindo os pluses por riba do IPC, eliminando o plan de pensións privado e integrando no salario os importes destinados a este plan, así como mellorando as categorías con salarios máis baixos e reducindo a xornada laboral anual”.
A central incrementou tanto o número de votos como de representantes
Ao mesmo tempo, sinalan que o resultado colleitado “énchenos de responsabilidade e danos azos renovados” para seguir “traballando arreo” na mellora das condicións laborais. “Para os vindeiros anos marcámonos como obxectivo exercer un maior control e limitación dos contratos a través de ETT e aumentar a contratación a traves da empresa Feiraco; crear un sistema xusto de promoción de categorías; e mellorar a organización das quendas de traballo”.
COLEXIO DE ESPECIALISTAS
|
|
VOTOS
|
DELEGADOS/AS
|
|
|
2020
|
2025
|
2020
|
2025
|
|
CIG
|
51
|
54
|
3
|
3
|
|
UGT
|
10
|
16
|
1
|
1
|
|
BRANCOS/NULOS
|
0
|
0
|
|
|
COLEXIO DE PERSOAL TÉCNICO E ADMINISTATIVO
|
|
VOTOS
|
DELEGADOS/AS
|
|
|
2020
|
2025
|
2020
|
2025
|
|
CIG
|
1
|
9
|
0
|
1
|
|
UGT
|
18
|
5
|
1
|
0
|
|
CCOO
|
1
|
1
|
0
|
0
|
|
BRANCOS/NULOS
|
0
|
0
|
|
|
TOTAL
|
|
VOTOS
|
DELEGADOS/AS
|
|
|
2020
|
2025
|
2020
|
2025
|
|
CIG
|
52
|
63
|
3
|
4
|
|
UGT
|
28
|
21
|
2
|
1
|
|
CCOO
|
1
|
1
|
0
|
0
|
|
BRANCOS
|
0
|
0
|
|
|