A FGAMT-CIG faise coa maioría absoluta nas eleccións sindicais en Bimba y Lola Logística de Mos
A FGAMT-CIG fíxose coa maioría absoluta nas eleccións sindicais que se veñen de celebrar na empresa Bimba y Lola Logística de Mos ao obter 6 dos 9 representantes que se escollían no comité de empresa.
A central foi a única forza que logrou presentar candidatura no colexio de especialistas,
logrando a totalidade da representación. Mentres que a USO fíxose cos tres delegados/as que se elixían entre o persoal técnico e administrativo, sendo o único sindicato que concorreu ao proceso neste colexio.
Nas anteriores eleccións sindicais, nas que se escolleu un comité de 5 membros, a UGT lograra 3 representantes e a CIG 2. Agora a representación sindical está composta por 9 delegados/as, unha vez que a empresa ampliou o seu cadro de persoal até as 142 persoas actuais.
Dende a FGAMT-CIG agradecen o apoio recibido por parte dos traballadores/as de Bimba y Lola Logística e adiantan a disposición da representación da central sindical no comité de empresa de loitar na defensa e na mellora das condicións e dos dereitos laborais do conxunto do cadro de persoal.