A FGAMT-CIG denuncia que a patronal do transporte de Lugo aínda non aplicou a suba salarial do convenio para 2022
A FGAMT-CIG de Lugo-A Mariña, diante do paro patronal do sector de mercadorías, demanda que se aplique de inmediato a o incremento salarial para o ano 2022 recollido no convenio colectivo da provincia, e que o persoal ten pendente de cobrar. A suban que establece o convenio é do IPC real do ano 2021 máis o 0,75%, o que supón un incremento total do 7.25% do salario e que para os traballadores/as de movemento supón un aumento anual de 1.209.61 euros.
O secretario comarcal da FGAMT-CIG, Christian López, insta "a que as partes asinantes deste convenio axilicen a confección das táboas salariais do presente ano, pero sobre todo a patronal do sector, que asuma ese incremento salarial ao persoal de maneira fulminante, pois é unha clara necesidade" ante a carestía da vida. E neste senso, denuncia que cando a actividade neste sector se incrementaba e tiña uns custes "baratos" para os combustibles "non se lles reparou nada disto".
De igual maneira, subliña que as empresas, como consecuencia de secundar este paro patronal, non poden descontar o salario o seu persoal, dalo de baixa na Seguridade Social, nin descontar os días como vacacións, pois estamos ante un paro patronal, non unha folga de traballadores/as. Por iso, López sinala que, cando menos, os días de paro terán a consideración de permiso retribuído.