A FCM-CIG faise coa maioría da representación no comité de empresa de Tri-Wall en Vigo

Logrou 3 dos 5 representantes a primeira vez que se celebran eleccións sindicais na compañía dedicada á fabricación de embalaxes de madeira
Vigo - 31 Mar 2026

A Federación de Construción e Madeira (FCM) da CIG fíxose coa maioría da representación no comité de empresa de Tri-Wall Packaging & Logistics Spain en Vigo ao obter 3 das 5 persoas delegadas que se escollían na compañía dedicada á fabricación de embalaxes de madeira.

No proceso de eleccións sindicais celebrado recentemente a candidatura da central obtivo 45 votos e 3 representantes, fronte aos 30 votos e 2 representantes que logrou o sindicato Fetico. 

A central sumou 45 votos, fronte aos 30 de Fetico

Dáse a circunstancia que é a primeira vez que se escolle representación sindical na empresa, cuxo centro de traballo está situado en Puxeiros, a carón da estrada de Redondela a Peinador.

Dende a FCM-CIG agradecen o apoio amosado por boa parte das persoas traballadoras de Tri-Wall e adiantan a súa disposición a loitar pola mellora das condicións laborais do conxunto do cadro de persoal, integrado por 78 persoas.