A CTB, segunda central sindical do Brasil reelixe a Adilson Araujo no seu VI Congreso

Máis de 40 delegacións internacionais, entre elas a CIG, participaron na convención, en Salvador de Bahía
Brasil - 14 Ago 2025

Do día 6 ao 9 de agosto tivo lugar, en Salvador de Bahía, o VI Congreso da CTB, a segunda central sindical do Brasil en afiliación e representatividade, así como as actividades organizadas en torno a el, coa asistencia de máis de 700 delegados e delegadas de todo o país, e máis de 40 delegacións internacionais de 20 países, de diferentes continentes, cunha destacada representación da Federación Sindical Mundial (FSM).

Na sesión de apertura participaron representantes institucionais, tanto do goberno federal, como estadual e municipal, lideres do Partido Comunista do Brasil (PCdeB), e representantes de diferentes sindicatos que forman parte da CTB, así como de outras organizacións sindicais do Brasil.

Na maioría das intervencións, fíxose un chamamento à unidade e à loita contra o imperialismo e en defesa da soberania nacional, con constantes referencias á inxerencia do goberno dos EE.UU. nos asuntos internos do Brasil, pola decisión de Trump de impor aranceis, como medida de presión, diante da condena do ex presidente Bolsonaro. Tamén foron numerosas as referencias aos BRICS, á Soberanía Marítima e dixital, e ao necesario compromiso coa base e a democracia.

Seminario Internacional

Co tema central sobre “Os desafios da multipolaridade geopolítica e a classe trabalhadora”, desenvolveuse, o día 7, o seminario Internacional, que abriu o Presidente da CTB, Adilson Araujo, manifestando que “é dever do movimento sindical classista dobrar o seu empenho e a aposta na luta em defesa dos direitos e interesse da classe trabalhadora. É necessário radicalizar a luta por uma nova ordem geopolítica, ser enfático exercendo o papel protagonista na luta pela paz e solidariedade entre povos e nações”.

O seminario dividiuse en dúas mesas, a primeira sobre “Os desafíos da multipolaridade xeopolítica”, e a segunda sobre “As novas tecnoloxías e os impactos sobre a clase traballadora”, coa participación de diferentes poñentes, institucionais, académicos e sindicais, de diferentes países, entre eles a CIG.

Tamén tiveron lugar, dentro do programa do Congreso, outras exposicións e debates, un sobre o “Financiamento sindical na atualidade”, a cargo do Dr. Magnus Farkat (Asesor xurídico da CTB), e outro sobre unha “Análise crítica da reforma trabalhista” a cargo da Dra. Maria Rosária Barbato (Doutora em Direito).

Planeario do Congreso

Durante as sesión do Plenario sometéronse a debate os documentos, con numerosas intervencións de delegados e delegadas e procedeuse á elección da nova Dirección para o mandato 2025-2029, na que Adilson Araijo resultou reelixido como Presidente, ao que acompañará unha dirección Nacional, na que as mulleres representan o 43%, e unha Dirección Executiva paritaria de homes e mulleres.

Logo de tres días intensos de debates, a CTB reafirma o seu compromisso coa defesa dos dereitos da clase traballadora, o fortalecemento da democracia e a construción de un país mais xusto e igualitario.

Ademais do apoio constante manifestado durante todas as xornadas ao pobo palestino, e as referencias á necesaria loita anti-racial, aprobáronse diferentes resolucións, de apoio ao pobo Saharaui, á entrada de Venezuela nos BRICS, de comproniso coa defensa das mulleres traballadoras, e de solidariedade con diferentes conflitos laborais nacionais e locais.

Tamén houbo diferentes intervencións durante o Plenario do Congreso dalgunhas das delegacións convidadas, entre elas a CIG.

Resolucións finais

As conclusións finais dos debates do 6º congreso, quedaron resumidas en tres documentos de resumo:

1º) Resolución política na que se destaca a loita contra a extrema dereita: https://www.ctb.org.br/2025/08/09/resolucao-politica-destaca-luta-contra-a-extrema-direita/

2º) Carta de Salvador, na que se rexeita a inxerencia imperialista dos EUA en asuntos internos do Brasil e sustenta que a soberania nacional é inegociábel : https://www.ctb.org.br/2025/08/09/carta-de-salvador/

3º) Na plenária final do 6º Congresso da CTB, aprobouse o Plano de Loitas, que contempla amplas reivindicacións da clase traballadora e tamén destaca a condena do xenocídio en curso na Faixa de Gaze, apoio ao recoñecimento do Estado da Palestina, e mudanza da política, com redución substancial das taxas de xuros e spread, reforma agrária e outros temas. Pódese ler nesta ligazón: https://www.ctb.org.br/2025/08/12/defesa-da-soberania-nacional-fim-da-escala-6x1-plano-de-lutas-e-luta-contra-extrema-direita-no-plano-de-lutas-da-ctb/

No seu discurso de peche, Adilson Araújo destacou as dificuldades para a realización deste Congreso, e a escasa colaboración institucional, así como a importancia da unidade e o carácter democrático da súa central.

FESTRAB UNÍU ARTE E POLÍTICA DURANTE O CONGRESO NACIONAL DA CTB:

Dentro do programa do congreso, o Centro de Estudos 1º de Maio, con apoio da CTB e patrocínio da Transpetro e do Banco do Nordeste, realizou o Festival de Cultura e Arte da Classe Trabalhadora – FESTRAB 2025, con unha programación artística gratuita, aberta ao público, e orientada á posta en valor da producción cultural popular.

O FESTRAB reafirma o papel da arte como instrumento de resistencia, denuncia e identidade. A programación abarcou catro días, com interpretacións de samba, pagode, percusión afro-brasileira e outras expresións populares.

O festival pretende reforzar a proposta da CTB de promover non só a mobilización política e sindical, mais tamén a valorización das expresións culturais da clase trabalhadora brasileira.