A comisión alerta do déficit de persoal celador no Hospital Virxe da Xunqueira de Cee

Cee - 22 Xan 2024

A comisión delegada de Cee denuncia o incumprimento por parte da Xerencia da área sanitaria do acordado no ano 2023 a respecto do incremento do persoal celador no Hospital Público Virxe da Xunqueira.

No mes de outubro de 2022, acordouse a incorporación da categoría de celador/a no mes de xaneiro de 2023, materializándose esta incorporación  no mes de febreiro con tan só seis profesionais.

Xa no seu día, a comisión advertiulle á Xerencia de este número de profesionais era insuficiente para levar a cabo as funcións propias desta categoría en todos os servizos do hospital.

A dirección de Recursos Humanos comprometeuse, nese intre, coa incorporación de novos profesionais de estrutura no ano 2024, ademais  dunha valoración aos tres meses da súa posta en marcha, "feito que non ocorreu", critican.

Para a comisión resulta inaceptábel que o Hospital de Cee "fora e siga sendo o gran esquecido desta área sanitaria respecto á categoría profesional de persoal celador, parte fundamental dentro do equipo de enfermaría".