A CIG volve gañar as eleccións sindicais no Concello de Ribadeo e renova a maioría absoluta no comité

A central obtivo catro dos/as cinco delegados/as que se elixían
Ribadeo - 21 Mar 2019

A CIG gañou de novo as eleccións sindicais celebradas este mércores no Concello de Ribadeo, renovando así a maioría absoluta que tiña no comité de empresa. A candidatura da CIG obtivo catro dos cinco delegados/as que se elixían entre o persoal laboral, mentres que a lista da CSIF (que só presentou candidatura no colexio de especialistas) logrou un representante.

Os resultados das votacións son os que seguen:

                   

2019

CENSO

VOTANTES

CIG

outros (Csif)

%

%

ELECTOS

%

ELECTOS

TÉCNICOS/AS

40

29

72,5

29

72,50

2

 

 

0

ESPECIALISTAS

45

38

84,4

29

76,32

2

8

21,05

1

TOTAIS

85

67

78,8

58

86,57

4

8

11,94

1

A representación da CIG no Concello de Ribadeo subliña a alta participación nestas eleccións e agradece o apoio e a confianza depositada polas traballadoras e traballadores á candidatura da central nacionalista, que segue a ser a forza máis votada entre o persoal laboral.

Neste senso, os delegados e delegadas da CIG amosan a súa satisfacción polo resultado obtido, xa que se incrementou a porcentaxe de votos recibidos con respecto a procesos anteriores en máis de dez puntos (pasando do 74% no ano 2015 ao 86% deste 2019), o que avala a liña de acción sindical e o labor desenvolvido nestes últimos catro anos. Estes resultados tamén reforzan o compromiso da CIG na defensa e mellora dos dereitos das empregadas e empregados do Concello e na loita por un servizo público de calidade.