A CIG volve gañar as eleccións en Pescanova no Porriño e obtén máis votos que o resto de sindicatos xuntos
A FGAMT-CIG volveu gañar as eleccións sindicais no Centro Industrial O Porriño, do grupo Nueva Pescanova, e obtivo máis votos que os outros dúas sindicatos xuntos. A central fíxose deste xeito con 4 das 9 delegadas/os que se escollían no comité de empresa.
No proceso que tivo lugar recentemente a CIG colleitou un total de 87 apoios, polos 85 que sumaron USO e UGT. No colexio de especialistas a central sindical logrou 80 votos e 4 representantes, USO 31 votos e 2 representantes e UGT 25 votos e 1 representante.
Entre o persoal administrativo a UGT obtivo 15 votos e 1 representante, mentres que a USO logrou 14 votos e 1 representante. A CIG colleitou 7 votos e non conseguiu representación neste colexio.
Dende a central sindical agradecen o apoio masivo e o compromiso amosado por parte do persoal de fabricación, xa que houbo traballadoras/es que se achegaron a votar incluso estando de baixo ou en día libre. De feito, nas eleccións participou a práctica totalidade do cadro de persoal.
Finalmente, dende a representación da CIG no Centro Industrial O Porriño de Nueva Pescanova adiantan a súa disposición a seguir loitando na defensa dos dereitos e das condicións laborais do conxunto das traballadoras/es.