A CIG sumouse á protesta no consulado de Venezuela en Vigo no marco da Semana de Loita Anti-Imperialista
A CIG sumouse, o pasado día 5 de outubro á concentración organizada ante o consulado da Venezuela en Vigo polo capítulo galego do Encontro Mundial contra o Imperialismo, do que forma parte, para rexeitar as novas montaxes inxerencistas contra a República Bolivariana.
Na acción, encadrada na Semana Internacional de Loita Anti-Imperialista, deuse lectura ao manifesto e fíxose entrega do mesmo ao cónsul, Martín Pacheco, quen agradeceu a solidariedade das organizacións galegas presentes e saudou ás asistentes en nome do presidente Nicolás Maduro.
Xose Lois Rivera Jácome, responsábel de relacións internacionais da CIG, e presente no acto, asegurou que "o informe da comisión ONU sobre a suposta vulneración de dereitos humanos na Venezuela é unha auténtica farsa" ao tempo que chamou a intensificar a solidariedade anti-imperialista desde un pobo coma o noso, o galego, que tamén sofre as súas consecuencias.
Festival Internacionalista dos Pobos en Resistencia
Dentro da Semana Internacional de Loita Anti-Imperialista, impulsada pola Asemblea Internacional dos Pobos, da que tamén a CIG forma parte activa, estanse a celebrar múltiples actos en todo o mundo. Entre eles, destaca o Festival Internacionalista dos Pobos en Resistencia, que se celebrará este sábado 10 de outubro, a partir das 16h.
A CIG anima a darlle difusión a través das redes sociais a este festival que servirá de peche para a campaña da Semana Anti-Imperialista e que contará coa participación de Nicolás Maduro, Dilma Rousseff, Roger Waters, FDIM, Rafael Correa, Marcha Mundial das Mulleres, Rebeca Lane, Vía Campesiña, Evo Morales, Aleida Guevara e outras moitas intervencións.
Os materiais de difusión (afiches a videos) pódense descargar nesta ligazón: https://www.dropbox.com/sh/ik6cl1m4zjqgb9m/AAD3HGklW3NQMxe8DRv36M6ca?dl=0.
Tamén podes seguir os actos na conta de TW @antiimperial_20 e utilizar os cancelo #PeoplesResistanceFestival
O festival emitirase en Youtube en tres idiomas: