A CIG súmase á demanda da UGTSARIO de cese do acoso contra Sultana Jaya e a súa familia
A CIG manifesta a súa solidariedade coa activista en defensa dos dereitos humanos Sultana Jaya e a súa familia nos territorios ocupados do Sahara Occidental. Súmase á denuncia da UGTSario e demanda o cese do asedio de máis de 300 días que veñen sufrindo na súa casa, rodeada polas forzas de ocupación marroquí sen permitila ser visitada ou poder saír da súa casa.
A Unión Xeral de Traballadores e Traballadoras Saharauís e todo o Pobo Saharauí manifestan a súa preocupación polos actos de acoso contra Sultana e a súa familia. Actos que consideran que son en represalia polo seu lexítimo traballo en defensa dos dereitos humanos, “sabendo que non é a primeira nin a décima vez que esta compañeira e a súa familia sofren as barbaridades e os diferentes métodos de represión máis infrahumanos no século XXI”.
Por iso a UGTsario fai un chamamento á solidariedade para poder salvar a vida da súa compañeira e da súa familia. Mais tamén un chamamento a condenar a represión que exerce o ocupante marroquí para deter as constantes violacións dos dereitos humanos que Marrocos duplicou sobre Sultana e o conxunto do pobo nos Territorios Ocupados do Sahara Occidental desde el 13 de Noviembre 2020, cando as forzas de ocupación marroquí violaron o alto ao fogo asinado en 1991.