A CIG súmase á campaña de solidaridade co estudantado palestino #FreePalestinianStudents
A CIG súmase á campaña en demanda da liberdade inmediata dos/as estudantes palestinos/as presos/as e a protección do seu dereito á educación, á liberdade de expresión, de participación política e o dereito a buscarse un futuro mellor. O estudantado palestino, e nomeadamente o seu movemento organizado, vén sendo obxecto dunha dura represión, detencións e encarceramentos por parte do réxime de ocupación israelí.
Unímonos a este chamamento para pedir accións de apoio aos estudantes palestinos na cadea, que inclúen:
- Boicot, desinvestimento e sancións (BDS) contra Israel, incluíndo institucións académicas israelís, que son totalmente cómplices da violación sistemática dos dereitos palestinos.
- Terminar con toda axuda militar e económica, transaccións militares, proxectos conxuntos e financiamento directo ao réxime de ocupación israelí por parte de gobernos de todo o mundo.
- Desafiar os programas de "normalización" que teñen como obxecto lexitimar a ocupación israelí, outro intento máis de lexitimar a criminalización e os ataques ao estudantado palestino.
Organizarse para construír vínculos de solidariedade co estudantado palestino e o movemento estudantil palestino, e garantir que non fiquen illados/as da súa comunidade global de apoio, a pesares de todos os intentos de ocupación israelí.
Centos de estudantes palestinos son detidos rutineiramente pola ocupación israelí, especialmente aqueles que forman parte de organizacións estudantís involucradas na vida política do campus. Só na Universidade de Bir Zeit, aproximadamente 74 estudantes foron detidos/as por soldados da ocupación durante o ano académico 2019-2020. Son unha parte dos case 5.000 presos/as políticos/as palestinos/as encarcerados por Israel.
O trabalho de organización estudantil, desde a realización de feiras do libro, ata a organización de eventos e participación nas eleccións estudantís, é criminalizado pola ocupación israelí. Aínda máis, son detidos por participar en manifestacións ou por publicar os seus perfis nas redes sociais.
Estudantes palestinos foron capturados polas forzas de ocupación israelís e secuestrados pola súa participación no movemento estudantil nas súas casas, nos seus lugares de traballo e nos seus campus.
Unha vez detidos, os estudantes palestinos son sometidos rutineiramente a torturas durante o interrogatorio, sometidos a posicións de tensión e estendidos sobre cadeiras, suspendidos das paredes e obrigados a estar de pé, privados de sono, esposados e presionados sobre os membros feridos e golpeados.
Os estudantes palestinos poden ser enviados a prisión administrativa: prisión sen cargos nin xuízo, renovable indefinidamente por períodos de seis meses. Os palestinos pasan anos no cárcere sen cargos, sen xuízo e sen ningunha garantía real contra a privación dos seus dereitos. Pódense levar diante dos tribunais militares israelís, que condenan a máis do 99% dos palestinos alí imputados.
Un dos cargos máis comúns é a "pertenza a unha organización prohibida", normalmente referida aos bloques e movementos estudiatís. Estes representan todo o espectro da política palestina. Organizan conferencias, feiras do libro, concentracións e outros eventos do campus e participan en eleccións estudantís. As follas de cargo adoitan facer referencia a estas actividades estándar da vida do campus, que son amplamente interpretadas como un barómetro para unha opinión política palestina máis ampla.
Ataque ao futuro de Palestina
O ataque a estudantes palestinos é un ataque ao futuro palestino. É un intento sistemático de socavar a capacidade da mocidade palestina de organizarse entre eles para un futuro liberado para o seu pobo: un exento de colonización, apartheid e ocupación.
Non se trata de casos illados, senón dunha violación directa e colectiva do dereito dos estudantes palestinos á educación, como se recolle no artigo 26 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos e no artigo 13 do Pacto Internacional de Dereitos Económicos, Sociais e Culturais. A represión dirixida aos estudantes é só unha das facetas do crime de apartheid israelí contra o pobo palestino.
Condenamos tamén a complicidade da Autoridade Palestina, que non só non defendeu aos estudantes palestinos, senón que tamén participou na detención política e no acoso de movementos estudantís como parte da súa "coordinación de seguridade" con Israel.
Os estudantes palestinos da Palestina ocupada no 48 - estudantes palestinos en Israel - están sometidos a acoso sistemático e discriminación, incluíndo prohibicións a grupos de estudantes e prohibicións de manifestacións e protestas.
Ademais, os grupos de solidariedade de estudantes palestinos e palestinos a nivel internacional están dirixidos a campañas de difamación, prohibicións organizativas e represión administrativa, con estes esforzos apoiados oficialmente e non oficialmente polo goberno israelí e os grupos de presión pro-apartheid de todo o mundo. Mentres tanto, aos estudantes refuxiados palestinos négaselles o seu dereito a regresar á Palestina ocupada.
Esta persecución está avalada por miles de millóns de dólares en axuda, transaccións militares e un apoio político ilimitado prestado a Israel polas principais potencias imperialistas como Estados Unidos, Canadá, Reino Unido, os estados da Unión Europea e Australia. Isto coincide coa militarización da policía nos países imperialistas e o seu uso global da dominación militar e económica contra os pobos do mundo. A persecución israelí contra os palestinos reflicte a represión estatal dos movementos populares e dos pobos marxinados destes países, especialmente os movementos de liberación indíxena e negra.
Non podemos nin debemos gardar silencio sobre a persecución do movemento estudantil palestino e dos estudantes palestinos individuais detrás das reixas israelís. Estamos co estudiantado palestino!
Pódense facer adhesións a esta campaña na seguinte ligazón: