A CIG solidarízase co despedido da empresa ourensá Cumegal denunciado por repartir panfletos contra a represión sindical
Dende a central consideran inadmisíbel a criminalización da acción sindical por parte do propietario da empresa Cumegal e denuncian que “non contento con telo despedido por concorrer ás eleccións sindicais na lista da CIG, agora atopámonos con que foi denunciado ante a Garda Civil do Carballiño por ter repartido panfletos rexeitando a represión sindical á que foi sometido”.
Diante disto, a CIG-Industria de Ourense critica a actitude do dono da compañía e manifesta a súa solidariedade do traballador represaliado. Este apoio da central foi explicitado hoxe mesmo durante a comparecencia xudicial do acusado, na que estivo presente o secretario comarcal da federación, Indalecio Gómez.