A CIG-Saúde de Vigo faise coa maioría absoluta nas eleccións de Alborada
A federación de Saúde da CIG de Vigo gañou con maioría absoluta as eleccións sindicais que se veñen de celebrar en Alborada, Asociación Cidadá de Loita contra a Droga, ao lograr 4 dos 5 delegados/as do comité de empresa.
A central fíxose co único/a delegado/a que se escollía no colexio de especialistas, e con 3 no de técnicos/as e administrativos/as, mentres que o cuarto foi para CCOO.
Dende a CIG-Saúde agradecen o apoio recibido pola súa candidatura e adiantan que continuarán a defender os dereitos laborais e a reclamar melloras para o conxunto do cadro de persoal.