A CIG-Saúde denuncia o deterioro na helisuperfice do 061 en Santiago de Compostela
A CIG-Saúde vén de denunciar o estado de deterioro no que se atopa a helisuperficie do 061 en Santiago de Compostela. Reclama que se cumpran os compromisos adquiridos pola empresa adxudictaria, recollidos no prego de condicións, para evitar os riscos que, a consecuencia do abandono, supón para o persoal do servizo de urxencias sanitarias.
Segundo explican, xa a cancela de entrada e o balado están rotos. “As bisagras e suxeición central da cancela están rotas e o balado presenta grandes ocos por onde se poderían colar na zona de restrinxida persoas ou animais”.
Xunto a isto sinalan que existe perigo para a os traballadores do 061, usuarias/os do hospital de Conxo e viandantes que discorran pola zona nas manobras de despegue e aterraxe. Aseguran que estas deficiencias foron postas en coñecemento da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galiza-061 e da empresa adxudicataria do servizo de transporte aéreo urxente Eliance, sen que se teña arranxado a día de hoxe.
Aínda que o expediente AB-FUS1-17-019 no prego de prescricións técnicas particulares para a contratación do servizo de transporte sanitario urxente aéreo establece que “a empresa adxudicataria será la encargada de realizar o mantemento da helisuperficie formigonada e balada”, denuncian que “o 061 non obriga a Eliance a que arranxe os defectos e, á espera de que se aclaren, o perigo persiste”.