Denuncian que o peche de camas na área Pontevedra-Salnés no verán non foi pactado cos profesionais

Dende a federación de Saúde da CIG acusan o conselleiro de Sanidade de mentir e reclaman información
Pontevedra/Salnés - 08 Mai 2017

A federación de Saúde da CIG de Pontevedra vén de emitir un comunicado no que desminte as declaracións do conselleiro de Sanidade nas que aseguraba que o peche de camas na área sanitaria durante o verán foi consensuado cos profesionais. Neste senso, lembran que levan tempo reclamando información sobre o número de camas que quedarán fóra de servizo neste período.

O conselleiro Vázquez Almuíña fixo estas declaracións aos medios de comunicación na clausura do Congreso de Pacientes Crónicos celebrado Pazo de Cultura de Pontevedra. Tras ser preguntado polos periodistas sobre o número de camas que se van a pechar este verán nos hospitais de Pontevedra-Salnés, o responsábel autonómico indicou que “la previsión la está llevando a cabo el equipo directivo de acuerdo con los representantes sindicales y las peticiones de vacaciones de los profesionales”.

Dende a CIG-Saúde sosteñen que estas afirmacións “son mentira, xa que non hai ningún acordo entre os representantes sindicais e a dirección da EOXI. De feito, lembran que as organizacións sindicais con representación na Xunta de Persoal levan tempo preguntado cantas camas se van pechar este ano; “e a resposta sempre é a mesma: “Estamos viendo, ya os informaremos”.

Desmantelamento da sanidade pública

Para a central é intolerábel que se intente facer crer á opinión pública e aos traballadores/as que a decisión de pechar camas está negociada cos representantes do persoal. “Esta é unha decisión única e exclusivamente da Consellaría, que no seu afán de desmantelar a sanidade pública non ten en conta os milleiros de pacientes das listas de espera cirúrxicas e de consultas, e moito menos os traballadores/as que ven como día a día a súa carreira profesional está máis desvalorizada con contratos en precario e con perda de salarios e dereitos laborais”.

Finalmente, pregúntanse até cando se vai manter esta situación e agardan que o departamento autonómico faga público o número de camas que van pechar no 2017.

Neste senso, recollen un histórico do número de camas que se pecharon entre os meses de xuño e outubro no período comprendido entre 2011 e 2016 nas áreas sanitarias do Salnés e Pontevedra:

ANO 2011

 

HOSPITAL PROVINCIAL

PEDIATRÍA: 15 camas de xuño a setembro.

DERMA: 9 camas de xuño a setembro.

MEDICINA INTERNA III: 33 camas mes de xullo.

 

HOSPITAL MONTECELO

CIRURXÍA IMPAR: 28 camas mes de xullo.

NEUROLOXÍA: 24 camas mes de agosto.

TRAUMA A: 31 camas mes de agosto.

DIXESTIVO: 31 camas mes de setembro.

C.M.A: 10 camas mes de setembro.

 

ANO 2012

 

HOSPITAL PROVINCIAL

LACTANTES: 15 camas de xuño a setembro

DERMA: 9 camas de xuño a setembro.

M.INTERNA III: 33 camas mes agosto a setembro.

M. INTERNA II 31 camas xullo.

XINECOLOXÍA: 28 camas agosto.

 

HOSPITAL MONTECELO

TRAUMA B: 28 camas de xullo a setembro.

 

ANO 2013

 

HOSPITAL MONTECELO

CIRURXÍA IMPAR: 28 camas do 15 de xullo ao 15 de setembro.

NEUMOLOXÍA: 10 camas do 15 de xullo ao 30 de setembro.

 

HOSPITAL PROVINCIAL

LACTANTES: 15 camas 1 de xuño ao 31 de outubro.

DERMO-ONCOLOXÍA: 9 camas 1 de xuño ao 31 de outubro.

M. INTERNA III: 33 camas, 1 de xullo ao 30 de setembro.

XINECOLOXÍA: 18 camas 1 de xullo ao 15 de setembro.

 

ANO 2014

 

HOSPITAL MONTECELO

NEUMOLOXÍA: 10 camas 1 de xuño a 15 de agosto.

 

HOSPITAL PROVINCIAL

ONCOLOXÍA: 10 camas 1 de xuño a 30 de outubro.

LACTANTES: 10 camas 1 de xuño a 30 de outubro

M. INTERNA III: 29 camas 1 de xuño a 30 de setembro.

 

HOSPITAL DO SALNÉS

3º ANDAR: 20 camas desde o 1 de xuño a 30 de setembro.

 

ANO 2015

 

HOSPITAL PROVINCIAL

ONCOLOXÍA: 29 camas 1 de xuño a 31 de outubro.

LACTANTES: 9 camas 1 de xuño a 31 de outubro

M. INTERNA III: 33 camas 1 de xullo a 15 de setembro.

 

HOSPITAL MONTECELO

CIRURXÍA: 28 camas 17 de xullo a 15 de setembro.

NEUMOLOXÍA: 21 camas 1 de xullo a 15 de setembro.

HEMATOLOXÍA e VASCULAR: 26 camas.

 

HOSPITAL DO SALNÉS

3º ANDAR: 29 camas de 1 de xuño a 31 de outubro.

 

ANO 2016

 

HOSPITAL PROVINCIAL

LACTANTES: 17 camas de xuño a setembro.

MEDICINA III: 29 camas de Xullo a setembro.

 

HOSPITAL MONTECELO

TRAUMA B: 28 camas do 15 xullo ao 15 de setembro.

NEUMOLOXÍA: 21 camas do 1 xullo ao 15 de setembro.

 

HOSPITAL DO SALNÉS

3º ANDAR: 20 camas, de xuño a setembro (ambos incluÍdos).