Maioría absoluta da CIG no comité de empresa do Concello de Guitiriz

A central sindical acada representación, por vez primeira, no persoal funcionario
Guitiriz - 21 Xun 2019

A CIG vén de revalidar a súa maioría nas eleccións sindicais celebradas no Concello de Guitiriz, tanto no persoal funcionario como no persoal laboral. Ao tempo, obtivo o representante correspondente ao persoal funcionario, que até o de agora pertencía á UGT.

No Comité de Empresa, de 5 membros, a CIG obtivo 3 membros, un no colexio de Técnicos e administrativos, e dous no colexio de Especialistas, cun total de 29 votos, o 58% dos votantes. O resto de representación foi dun membro da CSIF, con 16 votos en total e un da UGT con 5 votos en total.

Por outra banda, entre o Persoal funcionario a CIG obtivo o único representante a escoller, obtendo o candidato da CIG 9 votos fronte aos 4 votos do candidato da UGT.

Así, pasado este proceso de elección de representantes, o cadro de persoal do concello de Guitiriz renova e amplía a confianza na CIG para a súa representación nos órganos de representación legal dos/as traballadores/as, despois dun período altamente conflitivo nas relación laborais no Concello, debido á actitude da anterior alcaldesa.

Desde a CIG esperamos que co novo goberno se poida abrir unha etapa onde o diálogo e a negociación marquen as relacións laborais, e no que se poidan abordar as necesidades mais urxentes, como a elaboración dunha nova RPT que sirva para corrixir a desigualdades salariais existentes no cadro de persoal.

PERSOAL FUNCIONARIO

 

VOTOS

REPRESENTANTES

CIG

9 (69,23%)

1

UGT

4 (30,77%)

0

     

COMITÉ EMPRESA  PERSOAL LABORAL

COLEXIO TÉCNICOS E ADMINISTRATIVOS

CIG

8 (72,73%)

1

CSIF

3 (27,27%)

0

COLEXIO ESPECIALISTAS E NON CUALIFICADOS

CIG

21 (53,85%)

2

CSIF

13 (33,33%)

1

UGT

5 (12,82%)

1

COMITÉ EMPRESA - TOTAL

CIG

29 (58%)

3

CSIF

16 (32%)

1

UGT

5 (10%)

1