A CIG revalida a maioría absoluta no comité de Leche Celta de Pontedeume
A CIG vén de revalidar a maioría absoluta que ostenta desde hai xa 12 anos no comité de empresa do centro de traballo que Leche Celta SLU ten en Pontedeume. Nas eleccións celebradas este xoves a central obtivo 7 dos/as 9 delegados/as que se elixían, mentres que a UGT tivo 2 representantes.
Os resultados das votacións son os que seguen:
CIG |
UGT |
|||
Colexio |
Votos |
Delegadas/os |
Votos |
Delegadas/os |
Técnicos/as e Administrativos/as |
40 |
3 |
- |
- |
Especialistas e non cualificados/as |
67 |
4 |
27 |
2 |
Total |
107 |
7 |
27 |
2 |
Compromiso na mellora das condicións laborais
O apoio da cadro de persoal ao labor do comité e da representación da CIG nestes anos foi pois masivo, referendando a súa actuación asemblearia e fondamente comprometida coa mellora das condicións de traballo. Compromiso que, destacan dende a FGAMT-CIG de Ferrol, sumado á unidade do persoal permitiu o asinamento dun convenio de centro de traballo a finais do ano 2017 "que rachou co pobre convenio estatal de Industrias Lácteas e colocou a este centro de traballo na cabeza das empresas do sector a nivel de condicións laborais".
A representación da CIG no comité quere agradecer publicamente o apoio da inmensa maioría das compañeiras e compañeiros e reafirma o compromiso "a traballar incansabelmente por continuar mellorando as condicións laborais, como vén sendo habitual, desde unha posición reivindicativa e participativa".