A CIG-Repsol concéntranse para pedir máis medidas de seguridade e mellor mantemento na refinería
A este respecto, a representación da CIG na empresa entende que, de levarse a cabo as medidas de mantemento necesarias “probabelmente o accidente non se tería producido”. Ao tempo, apuntan tamén á nova estrutura que supuxo unha redución dos postos e un incremento das cargas de traballo.
Sobre a comisión investigadora do sinistro, indican que xa está constituída, mais até o momento só se fixou o calendario para a vindeira semana. Polo que agora, “estamos á espera de que os investigadores/as por parte da empresa e os delegados/as de prevención cheguen as conclusións técnicas polas que se produciu o accidente”.