A CIG renova a súa páxina web para ofrecer un deseño actual e máis accesíbel

A remuda farase esta noite, ás 00:00 horas
Nacional - 12 Set 2022

A páxina web da CIG contará cun novo deseño actualizado que pretende facilitar a navegación, ofrecer unha meirande accesibilidade, optimizar a visualización dende os distintos dispositivos (PC, tabletas, móbil), así como mellorar a interacción coas nosas redes sociais.

A mudanza realizarase na noite do luns 12 ao martes 13 de setembro, polo que mentres dure o proceso poderíanse atopar algúns problemas ao acceder e navegar pola nosa páxina.
A remuda da web confederal da CIG coincide ademais co inicio dos actos de conmemoración das loitas obreiras de setembro de 1972 en Vigo, que arrincan estes martes día 13 coa proxección do audiovisual de produción propia 'Setembro de 1972. Unha folga que mudou a nación galega'. A presentación terá lugar ás 19:00h no auditorio Afundación, na rúa Policarpo Sanz.