A CIG reforza a súa aposta polas enerxías renovables instalando placas solares no local de Compostela
A CIG vén de instalar placas de enerxía fotovoltaica na súa sede de Compostela. Para isto contou cunha subvención do INEGA, da Xunta de Galiza e da Unión Europea.
A axuda percibida para a realización deste proxecto para o aproveitamento da enerxía solar, un 80% do total, correspóndese con fondos comunitarios derivados do Programa Operativo Galicia 2014-2020 Feder.
Deste xeito a central sindical reforza a súa aposta polas enerxías renovables e, de feito, a redución anual estimada de gases de efecto invernadoiro será de 3,665 ton CO2/ano.