A CIG presidirá a xunta de persoal do HULA
Despois dos resultados obtidos nas eleccións sindicais celebradas no SERGAS o pasado 11 de maio, a CIG-Saúde de Lugo acadou a presidencia e a secretaría da xunta da persoal do Hospital Universitario Lucus Augusti.
A CIG-Saúde presentou a candidatura formada por Rosa González López, como presidenta, e María José Lourés Castiñeira, como secretaria, que resultou finalmente elixida ao recibir o apoio das delegadas/os dos sindicatos con representación SATSE, UGT, USAE e OMEGA.
A CIG-Saúde de Lugo reafirma o seu compromiso para traballar "dende esta xunta de persoal para seguir defendendo a sanidade pública e os dereitos das traballadoras e traballadores da área sanitaria lucense".