A CIG preséntase por vez primeira ás eleccións sindicais en Toldos Gómez e obtén a maioría absoluta

Conseguiu 4 representantes no comité de empresa dos 5 posíbeis
Compostela - 13 Dec 2019

A CIG valora moi positivamente os resultados acadados nas eleccións sindicais celebradas este venres na empresa de Arzúa Toldos Gómez, máis tendo en conta que é a primeira vez que consegue presentar candidatura. Os resultados foron, ademais, abrumadores, xa que das/os cinco representantes posibles, a central sindical obtivo catro.

A central sindical valora moi positivamente tamén a alta participación, xa que emitiron o seu voto o 95% das traballadoras e traballadores obtendo o apoio do 70%, isto é  59 votos, fronte aos 25 de UGT.

A CIG-Compostela comprométese a utilizar esta maioría para mellorar as condicións laborais, salariais e sociais das traballadoras e traballadores aos que agradece a confianza depositada.

RESULTADO

ESPECIALISTAS

 

VOTOS

DELEGADOS/AS

CIG

44

3

UGT

7

0

 

TÉCNICOS

 

VOTOS

DELEGADOS/AS

CIG

15

1

UGT

18

1