A CIG presenta por vez primeira candidatura en FINSA e gaña as eleccións ao ser a máis votada

A central sindical obtivo 164 votos e 5 delegados/as
Compostela - 25 Out 2019

Este xoves celebráronse as eleccións sindicais na empresa madeireira de Santiago FINSA, na que a CIG conseguiu presentar candidatura por vez primeira e ser a máis votada. A central sindical obtivo, no Colexio de Especialistas 164 votos e 5 delegados/as; USO 161 votos e 5 delegados/as; UGT 136 e 4 delegados/as e CCOO 84 votos e 3 delegados/as. Porén no Colexio de Técnicos só se presentou unha candidatura independente baixo o nome de Grupo de Traballadores, que obtivo 147 votos e os 6 delegados/as que se escollían.

“Cando as eleccións se desenvolven nun clima de normalidade e sen presións externas as traballadoras e traballadores poden optar libremente tanto a participar nunha candidatura como a votar a quen consideren que defende mellor os seus intereses”. Así o explica o responsable comarcal da CIG-Construción e Madeira Eduardo Sebio quen sinala que “isto foi precisamente o que posibilitou que presentáramos por vez primeira candidatura e que ademais fora a máis respaldada polas traballadoras e traballadores”.

A CIG agradece o apoio recibido por parte das traballadoras e traballadores de FINSA e comprométese a defender os seus intereses atendendo ao modelo sindical que vén aplicando desde as súas orixes, que é precisamente o que nos levou a ser hoxe a primeira forza sindical na comarca de Compostela e en Galiza, a que conta con máis afiliación, co maior número de delegadas e delegados e con maior capacidade de mobilización do país.

Resultados:

Colexio de especialistas. Censo 795 traballadores/as

 

VOTOS

DELEGADOS/AS

CIG

164

5

USO

161

5

UGT

136

4

CCOO

84

3

Brancos/nulos

13

 

 

Colexio de Técnicos. Censo 309 traballadores/as

 

VOTOS

DELEGADOS/AS

GRUPO DE TRABALLADORES/AS

147

6

BRANCOS/NULOS

21